XUNTA E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBAN POR UNANIMIDADE TÓDOLOS PUNTOS DO DÍA DO PLENO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 24 de mayo de 2020

XUNTA E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBAN POR UNANIMIDADE TÓDOLOS PUNTOS DO DÍA DO PLENO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS




§   Os datos do exercicio 2019 revelan a boa saúde económica deste ente que cumpre coa estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o límite de débeda

O pleno extraordinario do Consorcio Provincial para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado a partes iguais coa Xunta de Galicia, aprobou hoxe por unanimidade os 20 puntos da orde do día.

A sesión telemática, que substitúe á correspondente ao mes de abril, foi presidida pola presidenta da Deputación Carmela Silva, e asistiron o Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os deputados provinciais, Carlos Font e Santos Héctor, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e Marta Iglesias en representación da delegada da Xunta en Vigo. Tamén participaron no pleno a secretaria-interventora, Teresa Escudero e o xerente, Roberto Jorge Correa.

A boa saúde económico e financeira do Consorcio Provincial quedou reflectida cos datos da conta xeral de 2019: un balance de patrimonio neto e pasivo corrente de 8,6 millóns de euros, a conta do resultado económico-patrimonial axustado de +239.783,71 euros, o resultado orzamentario axustado de +730.139,36 euros, o remanente de tesourería para gastos xerais de 4.467.041 euros o que supón 438.006 euros máis respecto a 2018, e un período medio de pago de 16,3 días. Amais, segundo o informe da Secretaria-Interventora, se cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, coa regra de gasto e co límite da débeda cumprindo así co principio de sustentabilidade financeira (o consorcio ten unha débeda financeira do 0%).

Por outra banda, o pleno deu luz verde á constitución dunha comisión técnica para o seguimento do proceso do paso de xestión indirecta a xestión directa. A Comisión, que terá unha primeira convocatoria para reunirse no próximo mes de xuño, terá carácter paritario entre os membros do Consorcio, e entre os seus cometidos estará a elaboración da memoria comprensiva dos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros da prestación do servizo, a fin de determinar tecnicamente a procedencia do cambio de modelo.

O pleno tamén aprobou a adxudicación do subministro dun vehículo de rescate e de extinción de incendios en altura á empresa Incipresa  por un prezo de 642.400 euros, máis 134.903 euros de IVE. Trátase dun vehículo con chasis-cabina Mercedes-Benz con mando remoto con tecnoloxía wireless e diversas melloras en canto ás características mínimas e as condicións operativas do brazo articulado.  
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario