OS AVANCES NOS TRABALLOS DO NOVO FIRME NA AUTOVÍA DO SALNÉS OBRIGAN A DESVIAR O TRÁFICO A PARTIR DESTE XOVES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 28 de mayo de 2020

OS AVANCES NOS TRABALLOS DO NOVO FIRME NA AUTOVÍA DO SALNÉS OBRIGAN A DESVIAR O TRÁFICO A PARTIR DESTE XOVES



§  As boas condicións meteorolóxicas e o reforzo de medios permitirán iniciar mañá os traballos no tramo entre Meis e Curro

§  Durante as xornadas do xoves e o venres está previsto o corte da calzada esquerda da autovía, entre o enlace de Ribadumia e de Curro, para o que se habilitará o desvío do tráfico a través de estradas locais  VG-4.2,  EP-9305 e PO-300

§  No caso de ser necesario continuar cos traballos o luns, ese día habilitarase novamente o desvío de tráfico, mantendo durante a fin de semana a circulación habitual na autovía

§  Nas seguintes semanas realizaríanse cortes puntuais para a recolocación das xuntas de dilatación e na última de xuño realizarase o pintado definitivo de marcas viarias

 

Os avances nos traballos de estendido do novo firme na autovía do Salnés obrigarán a desviar o tráfico a partir deste xoves, día 28 a través de estradas locais.

 

As boas condicións meteorolóxicas e o reforzo de medios para esta obra de renovación extraordinaria do pavimento da AG-41 están a permitir acelerar as tarefas, polo que mañá está previsto chegar ao tramo entre Meis e Curro.

 

Para continuar cos traballos do firme da autovía, que se retomaron este mesmos luns, é obrigado realizar neste tramo, e durante dúas xornadas, o corte da calzada esquerda da autovía, entre o enlace de Ribadumia e o enlace de Curro. Deste xeito, quedará habilitado o desvío do tráfico a través de estradas locais  VG-4.2,  EP-9305 e PO-300.

 

Este corte de calzada e o desvío prepararanse na noite de hoxe e a previsión inicial é poder ter rematados os traballos de estendido de firme a última hora do venres. No caso de ser necesario continuar cos traballos o luns para o seu remate, ese día habilitarase novamente o desvío de tráfico, mantendo a durante a fin de semana a circulación habitual na autovía.

 

Segundo o programa de obra previsto, nas seguintes semanas realizaríanse cortes puntuais para a recolocación das xuntas de dilatación dos viadutos afectados polo estendido de firme realizado esta semana.

 

Tamén na última semana de xuño está previsto proceder á realización do pintado definitivo de marcas viarias en toda a autovía.

 

As afeccións ao tráfico estarán debidamente sinalizadas.

 

Esta intervención completará a renovación de firme iniciada no pasado verán e que tivo que ser interrompida no inverno por mor das condicións meteorolóxicas adversas que impedían unha boa execución e condicionaban o resultado final da actuación.

As obras enmárcanse no acondicionamento do pavimento de toda a autovía do Salnés e dos seus ramais que debe realizar a concesionaria, coincidindo coa metade do período de concesión.

No seguinte plano amósase a zona de traballo e o desvío habilitado:

 



 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario