A XUNTA LICITA POR CASE 115 MILLÓNS DE EUROS AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DO HOSPITAL PÚBLICO GRAN MONTECELO DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 9 de mayo de 2020

A XUNTA LICITA POR CASE 115 MILLÓNS DE EUROS AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DO HOSPITAL PÚBLICO GRAN MONTECELO DE PONTEVEDRA






  • As empresas interesadas nesta actuación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xuño
  • As obras teñen un prazo de execución de 42 meses e o obxectivo da Xunta é comezalas este ano
  • Os traballos consisten na construción dun novo edificio que se unirá ás actuais instalacións, e no que se centralizarán servizos como a área de urxencias, a UCI, a hospitalización con ingreso ou as especialidades de maior complexidade
  • Este hospital disporá de 120 camas máis que a infraestrutura actual; aumentará nun 92% o número de salas e postos de urxencias e sumará un 49% máis de postos no hospital de día
  • Na actualidade, na área de Pontevedra estase dando asistencia sanitaria hospitalaria a máis de 300.000 habitantes de 26 concellos que terán un novo hospital para os próximos 50 anos
  • Na 2ª fase acometerase a reforma do edificio hospitalario actual, cun orzamento de 25 millóns de euros, que suporán un investimento total de 140 millóns de euros


A Xunta publicou na plataforma de contratos públicos de Galicia a licitación das obras da primeira fase do Gran Montecelo, en Pontevedra, por un importe de preto de 115 millóns de euros.
As empresas interesadas nesta actuación, que terán un prazo de execución de 42 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 8 de xuño. O obxectivo da Xunta é iniciar os traballos este mesmo ano 2020.
Trátase da execución do novo edificio hospitalario que estará unido ao resto das instalacións do hospital Montecelo. Nel centralizaranse servizos como a área de urxencias, a unidade de coidados intensivos, a hospitalización con ingreso e as especialidades de maior complexidade.
No caso da unidade de coidados intensivos, incrementarase nun 36%, pasando do 20 a 35 camas.
A atención ambulatoria prestarase nas instalacións actuais do Montecelo, aproveitando os investimentos realizados nos últimos anos, para adecualas aos servizos de cirurxía maior ambulatoria, cirurxía de curta estancia, a un hospital de día e a diversas consultas. E as urxencias concentraranse todas no novo edificio, cunha única porta de Urxencias.
Grazas a esta actuación, o Gran Montecelo disporá de 120 camas máis que a infraestrutura actual –e preto do 60% dos cuartos serán individuais-; aumentarase nun 92% o número de salas e postos de urxencias; e sumaranse un 49% máis de postos no hospital de día, que pasarán de 109 a 162.
Así mesmo, haberá salas de xogos, biblioteca, escola e cine na área de pediatría; a carteira de servizos experimentará un impulso importante cunha nova UCI pediátrica e cunha nova unidade de traballo, parto e recuperación do bloque obstétrico. E tamén haberá unha nova área de medicina nuclear, ademais de crearse un espazo único para as unidades de endoscopia multidisciplinar e diagnóstico biolóxico.
Na actualidade, na área de Pontevedra estase dando asistencia sanitaria hospitalaria a máis de 300.000 habitantes de 26 concellos que terán un novo hospital para os próximos 50 anos.
Esta obra foi definida polos propios profesionais do Sergas, con achegas de 300 traballadores, tras 120 reunións e 2.400 enquisas.
A segunda fase das obras do Gran Montecelo consistirá na reforma da actual edificación, cun investimento de 25 millóns de euros. Deste xeito, coas obras de ampliación e reforma, que suporán un investimento total de 140 millóns, o Gran Montecelo ampliará a súa capacidade contando cun 50% máis de superficie –de 79.500 a 118.000 metros cadrados-.



No hay comentarios:

Publicar un comentario