§ As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25
de maio e o obxectivo e ter rematadas as obras neste mesmo ano
§ Actuarase nas vías PO-301, PO-529, PO-530,
PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía
de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis
§ O Goberno galego continúa
a reforzar a seguridade na rede viaria de titularidade autonómica, ao tempo que
impulsa investimentos para favorecer a actividade económica
A Xunta publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a
licitación das obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das
comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis cun investimento de preto de 1
millóns de euros.
As empresas
interesadas na actuación, que terán un prazo de execución de 6 meses, poderán
presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 25 de maio. O obxectivo da
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo
ano 2020.
As
actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das
estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos
de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.
Os
traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización
en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as localidades
de Ponte Arnelas e Vilagarcía, os traballos centraranse nos treitos entre os
puntos quilométricos 0+019 e 1+169;
2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.
Na
estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de
Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos
seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No
caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa,
a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071
ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
Na
estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía,
actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao
18+744.
Finalmente,
actuarase na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo
este dende a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto os
traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475 e no carril esquerdo entre o
7+320 e 7+483.
Deste xeito, o Goberno galego continúa a súa
aposta polo reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao tempo que,
ao retomar os procedementos administrativos de licitación e adxudicación das
obras, impulsa investimentos para favorecer a actividade económica.
No seguinte
plano amósase os tramos das vías autonómicas nos que se efectuarán as
actuacións de mellora:
No hay comentarios:
Publicar un comentario