§ O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que no caso da comarca de Pontevedra, Marín e
Bueu, estas axudas beneficiarán a 630 familias
§ Como único requisito terán que estar ao corrente das súas obrigas
tributarias e sociais e dar autorización á
Administración autonómica para consultar os seus datos bancarios.
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta
mañá que a Consellería de Política Social solicitou a 2.882 familias da
provincia de Pontevedra o seu visto e prace para recibir a bolsa de comedor
durante a suspensión da actividade desde o 16 de marzo nas escolas infantís por
mor da crise sanitaria da covid-19.
Segundo apuntou Cores Tourís, no caso da comarca de Pontevedra, Marín e
Bueu, beneficiaranse 630familias. Na área territorial da Delegación de
Pontevedra, en total, a Xunta solicitou este viste e prace a un total de 1.138
familias (comarcas do Deza, Salnés, Pontevedra, Morrazo, Baixo Miño e
Condado-Paradanta).
A comunicación coas familias fíxoose mediante un correo electrónico no
que se lles require como único trámite para percibila estar ao corrente das súa
obrigas tributarias e sociais e unha autorización para consultar os datos
bancarios.
Son beneficiarias desta bonificación as familias usuarias do servizo de
comedor nas escolas infantís de 0-3 anos de titularidade autonómica, nunha
praza concertada en escolas infantís privadas ou aquelas que perciben unha
axuda de comedor a través do Bono
Concilia. A contía concedida é unha compensación pola bonificación que tiñan concedida polo custo diario do menú nos
días lectivos que estivo suspendida a actividade nestes centros.
Esta axuda permitirá ás familias vulnerables que xa viñan desfrutando
dunha bonificación no custo de comedor, e da que se ven privadas a raíz da
situación de emerxencia sanitaria, manter a
correcta alimentación do seu fillo ou filla e evitar que este gasto de
alimentación engadido afecte aínda máis a súa situación.
As familias que se beneficiaron dunha bonificación de comedor por ter
unha renda mensual inferior aos 403 euros percibirán unha axuda de 2,5 euros ao
día. Pola súa banda, as familias que contan con esta bonificación por dispor
dunha renda mensual de entre 403 e 672 euros percibirán unha bolsa de 1,5 euros
ao día.
O primeiro pagamento será o correspondente aos días lectivos
transcorridos ata ese momento. Pode haber pagamentos sucesivos en función dos
días que se suspendan en eventuais prórrogas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario