O goberno municipal de Barro decidiu dedicar máis da metade dos investimentos deste ano á pavimentación en viais das distintas parroquias do Concello, tendo en conta que as intensas choivas que se produciron no outono e inverno pasados ocasionaron un deterioro importante na capa de rodadura dos mesmos.
As actuacións previstas están recollidas en catro proxectos, dos cales tres serán financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e que suman 133.933 euros. O cuarto proxecto, por importe de 39.875 euros, conta cunha subvención de 32.955 euros da Consellería de Medio Rural, dentro do plan de mellora de camiños rurais.
A primeira das pavimentacións será na parroquia da Portela, por importe de 48.352 euros, que xa foi adxudicada esta semana á empresa COVSA por ser a que presentou a mellor oferta. As obras iniciaranse nas próximas semanas.
Os dous proxectos restantes do Plan concellos xa están tamén en fase de contratación e o proxecto do plan de mellora de camiños rurais está en fase de tramitación, polo que en pouco tempo todos eses viais nos que se vai actuar van mellorar en canto a seguridade, o que vai facilitar a comunicación entre núcleos de poboación.
https://pontevedraviva.com/xeral/63995/barro-invertira-165000-euros-pavimentos-viales-municipales/
No hay comentarios:
Publicar un comentario