― Os traballos, cun prazo de execución de 9 meses, realizaranse nas vías VG-4.1, VG-4.7, AG-4.1, PO-531 e PO-306 ao paso polos municipios de Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Caldas de Reis, Barro, Meis, Pontevedra e Poio
― As obras consistirán na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, completado coa reposición de marcas viarias e de captafaros
― Inclúense outras actuacións adicionais na VG-4.1, de corrección da rasante en treitos anterior e posterior a algunhas estruturas da vía
― O prazo para que as empresas interesadas presenten ofertas rematará o 29 de maio
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Salnés e de Pontevedra, por un importe de 2.026.327 euros.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de maio.
As intervencións, que disporán dun prazo de execución de 9 meses, levaranse a cabo nas vías de titularidade da Xunta VG-4.1, VG-4.7, AG-4.1, PO-531 e PO-306 no seu transcurso polos municipios de Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Caldas de Reis, Barro, Meis, Pontevedra e Poio.
De xeito máis concreto, actuarase na VG-4.1, Sanxenxo (AG-4.1) – A Lanzada (PO-308), do punto quilométrico 19+400 ao 26+000, no concello de Sanxenxo.
Na VG-4.7, ou Variante de Vilagarcía, os traballos realizaranse entre o quilómetro 0+000 e o 7+540, nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.
Na AG-4.1 en Curro, intervirase entre os quilómetros 0+760 e 3+000, discorrendo por Barro e Meis; na estrada PO-531, Pontevedra-Baión, desde o quilómetro 0+000 ao 16+000, nos concellos de Pontevedra, Poio, Barro e Meis; e na PO-316, A Lanzada-Ardia, desde o quilómetro 1+900 ao 4+500, no concello do Grove.
As intervencións consistirán na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, completado coa reposición de marcas viarias en todo o treito da actuación, colocación de elementos e reposición de captafaros.
Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, de corrección da rasante en treitos anterior e posterior a algunhas estruturas da vía VG-4.1 situadas nos puntos quilométricos 19+400, 19+600, 19+850 e 20+950.
Plano cos treitos obxecto das obras:
No hay comentarios:
Publicar un comentario