O exemplar «goza de gran singularidade e posúe medidas dendométricas que a fan merecedora de formar parte do catálogo»
O colectivo pola defensas do territorio AnovaTerra congratulouse este martes do feito de que a Consellería de Medio Ambiente publicase a inclusión do exemplar da Sobreira de Outeda no Catalogo de Especies Senlleiras. Emplazada no lugar de Outeda, na parroquia de Curro do Concello de Barro, o proceso de inclusión desta árbore «iniciouse con un informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro que logo de un detallado estudio do exemplar comparado cos sete exemplares da provincia incluídos no catalogo conclúe que se trata de un notable exemplar de Quercus suber».
O documento engade, de igual modo, que «goza de gran singularidade e posúe medidas dendométricas que a fan merecedora de formar parte do catálogo».
O certo é que este informe serviu para iniciar a tramitación ante Medio Ambiente que logo da súa valoración polos técnicos da mesma, segundo engaden dende AnovaTerra, e o proceso de información publica rematou coa resolución da súa inclusión no catalogo xunto con outras arbores de diferentes concellos.
Dende este colectivo consideran que «o recoñecemento do valor e singularidade do exemplar sitúa a parroquia de Curro no mapa da flora singular de Galicia e plantexamos a necesidade de reconsiderar a retirada do alumeado que vai en contra da natureza do exemplar e para evitar toda instalación soterrada que poda afectar as raíces e a contaminación do exemplar». En canto as características da sobreira, estímase que ten unha idade aproximada de 300 anos e alcanza unha altura de 21 metros.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2023/05/17/span-langgl-sobreira-outeda-barro-arbore-senlleiraspan/0003_202305P17C6993.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario