Barro, 22 de Maio de 2023. Esta pasada fin de semana Ánxeles Vazquez, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta visita Barosa xunto ao candidato do PP de Barro, Eduardo Ruadas.
Con esta visita o Partido Popular de Barro quere transmitir un compromiso co medioambiente, con Barosa e con #Barro, que é absoluto. E as nosas propostas van a ter o apoio da Xunta se alcanzamos o goberno.
Ánxeles Vázquez mostrou o seu apoio a "unha visita ao enclave turístico e medioambiental por excelencia de Barro".
Eduardo Ruadas sinalou que "o PPde Barro vai levar adiante medidas de conservación, adecuación do entorno e tamén de instalación dunha área de autocaravanas e recarga de coches eléctricos na zona do parking de Barosa".
No hay comentarios:
Publicar un comentario