O PRESIDENTE DO PPdG, ALFONSO RUEDA, VISITA BARRO PARA RESPALDAR A CANDIDATURA DO PP ENCABEZADA POR EDUARDO RUADAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 13 de mayo de 2023

O PRESIDENTE DO PPdG, ALFONSO RUEDA, VISITA BARRO PARA RESPALDAR A CANDIDATURA DO PP ENCABEZADA POR EDUARDO RUADAS

















Na tarde de onte venres, o Presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda visitou a localidade de Barro, para amosar o seu apoio ao candidato popular Eduardo Ruadas e todo o seu equipo nas vindeiras eleccións locais do 28 de Maio.

Alfonso Rueda estivo acompañado por afiliados, simpatizantes do PP e veciños e veciñas de Barro, que mostraron o seu apoio ao proxecto popular encabezado por Ruadas.
Comezaron por unha visita á Sede Local de San Antoniño, para despois pasear polo casco urbano visitando un comercio de moda e fixeron unha pausa para tomar un refrixerio nun local de hostalería con varios veciños alí presentes.

Alfonso Rueda quixo sinalar que "Eduardo Ruadas é deses candidatos valentes que dan un paso ao fronte cando ven que os seus veciños o precisan"
Tamén puxo de manisfesto que "Barro ten moito futuro por diante e ten que ser da man de Eduardo e de toda a súa xente."
O Presidente do PPdG, tamén dixo que ·"Eduardo e o seu equipo representan o aire fresco e as ideas novas necesarias para poñer Barro #NoBoCamiño #EntreTodos "

O candidato á alcaldía de Barro polo PP, Eduardo Ruadas, pola sua banda agradeceu "o compromiso explícito con esta visita do Presidente Rueda con Barro, cun equipo renovado e con moito futuro por diante, que vai devolver e poñer a Barro #NoBoCamiño".

Ambos quixeron remarcar as boas perspectivas do PP na localidade de Barro para as vindeiras eleccións, nas que o PPdeBarro sae a gañar e gobernar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario