EMIGRACIÓN DESTINA 7.500 EUROS Á ASOCIACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS DO ULLA-UMIA (AERU) CO OBXECTIVO DE CONTINUAR CO SEU LABOR DE INFORMACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de mayo de 2023

EMIGRACIÓN DESTINA 7.500 EUROS Á ASOCIACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS DO ULLA-UMIA (AERU) CO OBXECTIVO DE CONTINUAR CO SEU LABOR DE INFORMACIÓN


     O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda,   firmou esta mañá o convenio que permitirá manter o asesoramento dos galegos do exterior da provincia de Pontevedra que deciden regresar a Galicia

     Esta entidade complementa o labor de información e apoio aos galegos que regresan que desenvolve a Oficina Integral de Retorno  

 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou co presidente da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru), Celso Domínguez Búa, o convenio para o mantemento da súa oficina de información en Caldas de Reis, destinada a asesorar aos galegos do exterior que optan por regresar a Galicia.  

A Secretaría Xeral colabora con esta asociación cun convenio de colaboración de 7.500 euros co obxectivo de ofrecer aos emigrantes retornados á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de retorno e adaptación á sociedade galega.

Esta entidade agrupa a un número importante de socios da provincia de Pontevedra e configúrase como un punto de referencia ao que cada día acoden as persoas retornadas reclamando os seus servizos, polo que está desenvolvendo un importante labor social a favor dos emigrante galegos retornados e dos seus descendentes.

A Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (Aeru) é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito provincial que naceu en 2013 co obxectivo de dar resposta ás demandas dos emigrantes retornados e de cara a prestar un servizo de orientación e asesoramento orientado a facilitar a súa integración na sociedade galega.

Esta entidade complementa o labor de información e apoio aos galegos que regresan que desenvolve a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario