Preto de 400 persoas da contorna de Pontevedra desfrutaron este ano do programa de termalismo da Deputación - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 17 de diciembre de 2023

Preto de 400 persoas da contorna de Pontevedra desfrutaron este ano do programa de termalismo da Deputación

 


Do total, 236 beneficiáronse da modalidade de pernoita, mentres que as outras 139 escolleron as saídas diúrnas

 

375 persoas de Pontevedra e dos concellos da súa contorna desfrutaron nestes últimos meses do 2023 do programa de termalismo e saúde da Deputación “Depotermal”. O programa, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, cun recoñecemento de grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlle aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

 

No caso da contorna de Pontevedra, 236 dos participantes beneficiáronse da modalidade de pernoita, a través da que se ofreceu unha estancia de seis días e cinco noites nos establecementos termais, mentres que 139 fixérono da diúrna, asistindo e desfrutando das instalacións durante cinco días consecutivos. En concreto, foron beneficiarios do programa, este ano, 192 persoas de Pontevedra, 46 de Marín, 31 de Barro, 28 de Moraña, 17 de Poio, 13 de Portas, 12 de Caldas de Reis, 10 de Vilaboa, 8 da Lama, 7 de Ponte Caldelas, 5 de Sanxenxo, 4 de Cuntis e 2 de Campo Lameiro.

 

Ao longo da súa participación en Depotermal as persoas participantes puideron desfrutar de actividades de animación sociocultural e de tratamentos gratuítos como sesións monitorizadas de activación muscular e articular, tratamentos dixestivos con augas medicinais, piscina terapéutica, actividades para mellorar a mobilidade e a circulación, combater a dor e a inflamación e reducir o estrés, entre outros moitos. En total, no conxunto da provincia participaron 2.500 persoas das cales 1.800 gozaron de estancias con aloxamento e outras 700 aproveitaron a asistencia diúrna.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario