O programa atenderá as demandas de asociacións de veciños ou comisións de festas da provincia que poderán solicitar actuacións de ata 1.300 artistas e grupos de música, teatro ou danza para os seus festexos
A Deputación de Pontevedra de Pontevedra acaba de aprobar as bases do novo programa “Culturea” que, dotado cun millón de euros, espallará e manterá viva a cultura popular e as tradicións en todo o territorio da provincia. Esta iniciativa, tal e como explicou o presidente da Deputación Luis López, atenderá as demandas de entidades locais menores, asociacións ou agrupacións sen ánimo de lucro como asociacións de veciños ou comisións de festas da provincia que poderán solicitar actuacións de ata 1.300 artistas e grupos de música, teatro ou danza para os seus festexos.
As solicitudes poderanse formular por Sede electrónica a partir do día seguinte ao da publicación das bases de “Culturea” no Boletín Oficial de Pontevedra. Para facilitar os trámites, o presidente Luis López explicou que a Deputación porá a disposición das diferentes entidades un catálogo coa ampla variedade de grupos, artistas e compañías ofertadas, nas múltiples e variadas expresións artísticas da provincia, para que poidan programar as súas actividades. O catálogo inclúe dende grupos de animación infantil, ata de espectáculos audiovisuais, de baile moderno, ballet, bandas de gaitas, bandas de jazz, bandas de música, cantautores, charangas, grupos de gaitas, grupos de playback, grupos folclóricos e folk, grupos músico vocais, grupos pop rock, humoristas, corais, artistas de maxia, música clásica, orquestras clásicas, pandereiteiras, poetas, rondallas ou compañías de teatro.
Ademais, o novo programa provincial reforzará a súa estratexia de difusión a través da habilitación da Axenda Cultural Provincial, dispoñible na web da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de ofrecer unha maior visibilidade ás actuacións, promovendo a reputación da nosa provincia como destino cultural. Nesta liña de visibilizar o programa, “Culturea” terá tamén plan de difusión de contidos propios nas redes sociais da institución provincial ofrecendo, ademais, a impresión de carteis promocionais e aquelas entidades que así o soliciten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario