Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 8 de febrero de 2015

O PLENO DA DEPUTACIÓN ADXUDICA EN 6,5 MILLÓNS O PROXECTO DEPOGAP QUE AUDITARÁ E INVENTARIARÁ OS BENS E ACTIVOS DA PROVINCIA POR MEDIOS ELECTRÓNICOS



O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade a adxudicación do desenvolvemento do proxecto DepoGap á UTE INDRA SISTEMAS, S.A. – ALTIA CONSULTORES, S.A. – R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. por un importe de 6,5 millóns de euros, dos cales o 70% está financiado polo Ministerio de Hacienda y Administración Pública a través dos fondos FEDER. O traballo tén un prazo de execución de 6 meses.

Pola súa banda, na xunta de goberno adxudicouse á Consultora Idom en 363.000 euros o contrato da oficiña de Seguimento, control técnico e de calidade do proxecto DepoGap: xestión de activos na provincia de Pontevedra.

O proxecto Depogap consiste en auditar e inventariar por medios electrónicos os bens da provincia. Tén como obxectivos: dotar aos concellos de información interna que permita optimizar a xestión dos seus activos e axude na toma decisión; fomentar a participación cidadá; e adquirir o coñecemento necesario sobre eficiencia enerxética para disminuir o gasto enerxético e impacto ambiental mediante o uso eficiente dos activos públicos.

 Entre as actuacións incluidas no proxecto,figuran:
·        realizar un INVENTARIO de activos dos concellos da provincia (menos Pontevedra e Vigo) e da propia Deputación
·        dotar unha PLATAFORMA TECNOLÓXICA para a xestión deses activos que permita explotar esa información e realizar unha xestión centralizada dos mesmos.
·        Desenvolver probas piloto de EFICIENCIA ENERXÉTICA.
 O INVENTARIO de activos provinciais incluirá:
Activo
Edificios administrativos
Alumeado público (puntos de luz, cuadros eléctricos, etc.)
Edificios culturales y cívicos
Redes eléctricas
Centros sanitarios
Redes de gas
Centros docentes
Redes de telecomunicaciones
Centros asistenciales
Vertederos y puntos limpios
Tanatorios
Contenerización
Cementerios
Vehículos
Mataderos
Semovientes
Parques
Derechos reales y revertibles
Instalaciones deportivas
Mobiliario urbano
Redes de abastecimiento y saneamiento (canalizacións)
Bienes muebles históricos
Estaciones de tratamiento de agua potable (ETAP)
Valores mobiliarios
Estaciones depuradoras de aguas residuales (EDAR)
Créditos y derechos personales a favor del ayuntamiento
Red de vías públicas
…..

Pola súa banda, a A PLATAFORMA TECNOLÓXICA tén por obxecto crear:

·       Unha plataforma para xestionar os activos provinciais que permita explotar e manter a información de xeito unificado.
·       Un cuadro de mando que facilite a toma de decisións aos alcaldes e asesores.
·       Un portal de participación cidadán para fomentar a participación e comunicación do cidadán coa Administración para poder realizar as seguintes accións:
o      Acceder a información de dominio público sobre cuestións relativas aos activos municipales.
o      Buscar información sobre activos públicos.
o      Integrarse con redes sociales.
o      Interactuar coa Administración na solución de incidencias. O portal permitirá:
§      Enviar incidencias tales como redes de auga, saneamento, alumeado público, limpeza e xestión de residuos, parques e xardins, mobiliario urbano, etc. Enviar sugerencias y ampliación de información.
§       Una aplicación para dispositivos móviles para que os cidadáns poidan consultar información dos activos ou enviar incidencias en tempo real.
E, finalmente, as probas de EFICIENCIA ENERXÉTICA serán realizadas no:
·       Alumeado público exterior, nos consistorios e na Deputación
·       Eficiencia energética e ambiental en instalacións deportivas
·       Planta de tratamento para a optimización enerxética e ambiental da xestión de lodos das depuradoras
·       Sensibilización e uso eficiente da energía nos fogares (inicialmente, como proba, en 200 fogares da provincia).

No hay comentarios:

Publicar un comentario