Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 11 de abril de 2015

Deputación de Pontevedra e Concello de Barro: Curso Actívate 2015 en Barro de Respostería.



A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA 71 CURSOS  PARA  MOZOS  DE 16 A 35 ANOS CO PLAN ACTIVATE 2015

2.000 mozos da provincia poderán completar a súa formación nas máis de  30 especialidades que se van impartir en 57 concellos.

Segundo  o acordo aprobado esta mañá en xunta de goberno, a Deputación de Pontevedra 57 concellos da provincia impartirán 71 cursos de formación ó amparo do Plan Actívate 2015. Un programa dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade que nesta ocasión oferta máis de 30 especialidades diferentes.

7 cursos na comarca de Pontevedra
6 concellos da comarca de Pontevedra sumáronse á nova convocatoria do Plan que oferta máis de 30 especialidades foramtivas.   Os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama  e Poio impartirán un curso de formación cada un deles, mentres que Vilaboa, solicitou poder ofertar dúas destas actividades.


CONCELLO
OBRADOIRO 1
OBRADOIRO 2
BARRO
REPOSTERÍA

CAMPO LAMEIRO
ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR

COTOBADE
REPARACIÓNS DOMÉSTICAS DE FONTANERÍA, ALBANELERÍA E CARPINTERÍA

LAMA, A
OBRADOIRO DE COIRO

POIO
LINGUA DE SIGNOS
TAPAS, PETISCOS E CANAPÉS
VILABOA
ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR


Dirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos, os cursos teñen unha duración de 40 horas a impartir durante dous días á semana, e con eles preténdese ofrecerlle á mocidade actividades formativas de interese tanto para o seu desenvolvemento profesional coma social e persoal.

Unha vez pechado o prazo de solicitude foron 57 os concellos da provincia, dous máis que na anterior convocatoria, os que demandaron poder impartir no seu termo municipal algún dos cursos que a Deputación oferta.
Os concellos de máis de 15.000 habitantes que se acolleron a este programa poderán impartir dous cursos diferentes, mentres que nos de menos de 15.000 se  ofertará un único obradoiro.
71 cursos de formación
Nesta convocatoria, os obradoiros abarcan máis de 30 especialidades diferentes. Inclúense cursos nas áreas de: Novas Tecnoloxías (Internet e Correo Electrónico; Iniciación á Informática; Retoque Fotográfico por Ordenador; Iniciación ás Redes Sociais; Elaboración de Páxinas Web); Agricultura (Herboristería, Herbas medicinais, Creación dunha Horta Ecolóxica…); Artesanía (Obradoiro de Coiro; Cestería; Deseño e Estampado de Camisolas, Elaboración de Xabóns Caseiros e Perfumes Artesanais, Traballos Manuais en Tea, Papel,  Madeira e outros materiais, …); Actividades artísticas (Pintura e Debuxo Artístico; Fotografía, Retoque fotográfico por ordenador); Reparacións domésticas e bricolaxe (Xardinería, Pintura e Restauración de Mobles; Tapicería, Mecánica Básica do Automóbil, Reciclaxe e Reutilización…); Cociña (Cociña Tradicional Galega; Repostería; Tapas, Petiscos e Canapés, Curso Práctico de  Clasificación de Cogomelos Comestibles…) e Servizos ás persoas (Linguaxe de Signos; Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo Libre; Coidados Básicos para Persoas Dependentes; Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios, Acompañante de Transporte Escolar, Acompañante de comedor Escolar…).

No hay comentarios:

Publicar un comentario