AXUDAS: Economía e Industria convoca axudas de até un 70% para a modernización tecnolóxica do comercio de proximidade - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 30 de agosto de 2011

AXUDAS: Economía e Industria convoca axudas de até un 70% para a modernización tecnolóxica do comercio de proximidade

A Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do Plan Ágora, agora RE-comercia, ten deseñado unha estratexia de apoio e impulso económico ao comercio de proximidade. Neste sentido a Xunta de Galicia está a levar a cabo diferentes accións para a promoción, dinamización e modernización deste eido comercial.
A Consellería de Economía e Industria, ven de publicar no DOG a posta en marcha dunha novidosa orde pola que se regula o proceso de selección de empresas informáticas colaboradoras na xestión de subvencións para a potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías no comercio galego.

Deste xeito, a Xunta de Galicia financiará até o 70% do custe de adquisición por parte dos comerciantes de equipamento tecnolóxico, como ordenadores portátiles e de sobremesa, software de xestión, páxinas web comerciais, tpv e outros compoñentes informáticos.

Na orde distínguense dúas fases de actuación: unha primeira, destinada as empresas informáticas que desexen solicitar ser entidades colaboradoras para ofertar os seus produtos e servizos aos comerciante, e unha segunda fase, na que se publica unha lista definitiva de empresas colaboradoras ao sistema de axudas.
A partires desta segunda fase, como gran novidade da convocatoria, os comerciantes poderán adquirir por primeira vez o material informático de forma directa nas tendas das entidades colaboradoras, sen ter que adiantar os cartos antes de percibir a subvención.

En canto a modalidade da orde é de concorrencia non competitiva, o que quere dicir, que as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes.
Neste senso, un dos obxectivos da Consellería de Economía e Industria é a dinamización e revitalización dun sector comercial fortemente afectado pola crise actual e o seu achegamento á realidade tecnolóxica a prol da modernización e mellora da competitividade.

Deixámosvos o enlace do DOG.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110829/Indice164_gl.pdf


No hay comentarios:

Publicar un comentario