Últimas noticias do grupo de danzas "Amor Ruibal" en Praga e novas fotos. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 30 de agosto de 2011

Últimas noticias do grupo de danzas "Amor Ruibal" en Praga e novas fotos.

Xa temos outra vez máis noticias dos nosos veciñ@s que están a levar o nome de Barro polo mundo. Ahí van noticias e fotos.

"Onte luns, logo dunha mañán de lecer, onde houbo piscina, jacuzzi, shopping, bolos e ensaio, Amor Ruibal actuou por primeira vez no festival. Nervios a flor de pel, moitas preguntas ó profe, medos e temblores de pernas.... Subimos ó esceario, a plaza chea de xente, agardando que a gaita comezara a soar. E así foi, coa Rumba dos Catro Mariñeiros, Praga comezou a aplaudir e seguir o ritmo de Barro.

Unha actuación que tiña que durar 30 minutos, acabou en 40, a petición da organización. Soaron muiñeiras, jotas, pasodobles e rumbas....bailaron maiores e pequenos, Joel namorou a 4 rapazas, a Gonzalo escapábaselle a maza do bombo coa emoción e intensidade do momento....

Todo rematou coa plaza en pé e bailando un pasodoble coas mozas de Amor Ruibal, que abandoaron o escenario para baixar a pé de público e animalos a bailar. Xa logo, fóra de programa e por iniciativa propia, Amor Ruibal fixo un pasacalles polas rúas de Praga, acabando na praza principal, onde se atopa o reloxo da Torre... Alí encandilou os viandantes coa súa música e simpatía, atopándonos con visitantes moitos deles españoles. Pero non todo ía ser "traballo"....

Pola noite, no Hotel, houbo unha festa para despedir os grupos de Serbia, Chipre e Croacia onde cada grupo fixo "de calle" unha actuación de 5 minutos e cun intercambio de regalos... Sesión discoteca e a durmir... Hoxe, toca de novo actuación... Xa o nome de Barro é coñecido en Praga, hoxe quedrá grabado"



 





No hay comentarios:

Publicar un comentario