Entrevista a Faustino Batallán gañador do concurso Photoreporter MINI España. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 6 de agosto de 2011

Entrevista a Faustino Batallán gañador do concurso Photoreporter MINI España.

Como xa comentáramos antes de comezar as probas deste concurso, o político local do PP e veciño, Faustino Batallán, gañou o concurso Photoreporter MINI de MINI-BMW Ibérica, e depois do seu periplo e trás rematar totalmente o xoves pasado as probas que restaban, completou tódolos retos que lle marcaron as persoas por internet.

Aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista e tamén deixarvos outra que publicou o Diario de Pontevedra.


¿Faustino, como nos podes resumir que foi para ti o Photoreporter MINI?
Pois ben, a verdade é que foi unha experiencia totalmente divertida, sorprendente, cunha dosis de xenialidade e orixinalidade. Tiven que facer unha ruta que contínumanente estaba ó azar da xente por internet e polas redes sociais donde votaban que tiña que facer e en que cidade. E a verdade...só direi que "a cabeza non para". Para todo isto déronme un iPhone 4, co que estaba conectado permanentemente e ía subindo ó blog de http://photoreportermini.blogspot.com/ tódas as experiencias vividas.

¿Qué retos lle marcaron e donde?
Pois mira foi divertido, houbo suspense nos primeiros kms, xa que sendo un coche que aínda que coñezo un pouco por circunstancias, este modelo en concreto, traía todo tipo de equipamento electrónico, e ó pouco de sair de Madrid cara Zaragoza onde tiña que acadar o meu primeiro reto, o coche empezou a decir que tiña un fallo electronico de presión, así que segundo me indicaron tívenme que acercar ó concesionario da marca en Guadalajara. Alí descubrin unha pequena broma e un "mini-reto" para comprobar a calidade da Atención ó Cliente de MINI. Non lle pasaba nada, só había que reiniciar o sistema de alertas despois de que comprobasen a presión.

Dalí a Zaragoza onde tiven que facer unha foto coa Torre da Agua na Expo, e facer outra cos Adoquines, que son os caramelos típicos de Zaragoza. Xa ó día seguinte, tiven que dirixirme a Tudela, e o reto era comer "cogollos", típìcos desa cidade, e chegando atopeime cun MINI e uns reciéns casados facendo fotos!! A verdade e que nos fixo gracia a todos. Xa dalí puxen rumbo a Ezcaray, para ir ó restaurante Echaurren, que ten unha estrela Michelín, para rematar pola noite en Logroño e cumplir o último reto do día, e facer unha foto diante da rúa de pinchos a mítica "Calle Laurel". Unha curiosidade é que estando nesa rúa xa de pinchos, atopeime cun amigo e veciño de Barro...Estamos en todas partes e donde menos se nos espera!!!

Xa ó día seguinte e para rematar a fin de semana e os retos, tiven que facer unha en Soria, en concreto na zona de Burgo de Osma, co Cid Campeador e cun cartel demostrativo do que se chama a "Ruta do Cid". Logo xa de noitiña, rematei en Madrid, e finalizou a experiencia.

¿Foi gañador deste premio por presentar un cartel de publicidade. É verdade que o utilizarán na vindeira campaña de marketing de MINI en España?
 Pois iso parece, de feito nunha das claúsulas dun contrato que tiven que firmar "cedinlle" tódolos dereitos de imaxe, publicidade, uso etc dese cartel, e comentáronme que o xurado e a parte creativa que me seleccionou como gañador, fixérono por unanimidade, e sí, ten tódalas papeletas para que se vexa polas vallas publicitarias e nos periódicos. Tamén é probable que a colaboración con eles non remate aquí....

Xa en clave máis política, ven sendo candidato do PP ás municipais, sabemos que foi unha persoa moi activa nas redes sociais durante toda a pasada campaña local.

Efectivamente así foi. Formei parte novamente da candidatura do PP, que encabeza o noso alcalde José Antonio Landín, na que novamente o pobo dounos a maioría para gobernar, e estou moi contento de traballar para esa victoria e para que os compañeiros da corporación traballen por Barro. Sen dúbida a pasada campaña das eleccións municipais, é a primeira que recordo na que a intensidade política, non só foi na rúa, falando cos veciños. Unha parte moi importante desenrolouse en internet, onde efectivamente houbo moito que debatir, e tamén podo dicir que fíxose campaña sucia por parte da oposición (teño claro que do meu partido, o PP non foi) contra a miña persoa, e algúns utilizaron a privacidade de internet e identidades falsas para atacarme e tentar falsear dende unha páxina-medio local, da que por certo me expulsaron unha vez rematou a campaña, imaxino por non ser das ideas máis radicais que permiten. Neste senso quero louvar que Voz de Barro aparecese como medio alternativo e informativo, no que polo que vexo trátase á xente con moito máis sentido e tacto,e con bastante máis independencia política.

O presidente Zapatero, anunciou que as eleccións nacionais serán o 20-N, ¿vostede cree que cada vez máis a campaña se fará por internet como xa pasa noutros países?
Xa en concreto á pregunta do 20N, pensei que non chegaría nunca tan boa noticia para o país, aínda que penso que as eleccións xa se terían que haber adelantado a estas datas nas que estamos. Zapatero está a fundir o país, non hai brúxula, non hai norte, e día a día, vemos como a prima de risco en comparación con Alemania fai que nos vaiamos ata os 400 puntos. Estamos en serios problemas e ó borde da intervención do país. Teño claro que se un goberno do PP non colle as rendas, teremos serios problemas, máis dos que temos agora, e o máis importante, seguirá sen crearse emprego. Zapatero e Rubalcaba, que será o candidato do PSOE, son corresponsables do desastre que hai no país. Recordarei que nas anteriores eleccións nun debate televisivo entre Solbes que foi Ministro de Economía e Pizarro que era o posible ministro de economía se gañase o PP naquel momento, Pizarro, xa afirmou o que os do PSOE e Solbes negou: estábamos en crise. E a negación, e a desaceleración, os brotes verdes e todas esas mentiras, fixeron que países como Alemania ou Francia, empregaron dous anos para saír dela e novamente crear emprego, aquí como se todo fose unha mentira inventada polos do PP, e agora estamos como estamos. Agardo o sentido de lóxica, de memoria e de senso común para rematar con este calvario social. Todas e todos queremos traballar. É a prioridade do PP para as eleccións xerais, crear emprego, e facer que a economía creza, fainos falta riqueza nacional, comprar e consumir productos galegos e españois....olvidarnos dos importados de Asia. Hai que empezar a facer que os cartos se queden no país e non marchen en divisas para outros sitios....e vou cortando que me lanzo....

Xa lle vemos que vostede en canto pode, non perde ocasión. Xa para rematar, ¿que lle depara o futuro, en tódolos niveis?

Aquí serei breve, o futuro é futuro e eu planifico a curto prazo. Agardarei seguir coa miña actual vida en tódolos niveis tanto a nivel persoal coma político. O camiño faise andando, non están os tempos para "loterias primitivas".....

Gracias polas respostas e agora o test das 10 preguntas,

Un lugar donde perderse:
Teño tres, A Pedra do Home en Perdecanai, Ibiza (non a que coñece todo o mundo) e o sur de Italia, onde vivín un tempo.

Unha canción para bailar:
Eu bailo moito, calquera que sexa electro-house

Unha película para non esquecerse:
Sempre Xonxa.

Froita preferida:
É un recordo xa que morreu a árbore, as "claudias" da casa de meus pais.

Ultimo libro lido:
O Club Bildelberg...moi interesante

O 15-M, si, non, ns/nc:
Algunhas cousas véxoas asumibles, pero 3000 non poden condicionar un país enteiro. Hai mecanismos, eleccións, que se presenten como unha formación.

Un desexo:
Que Galicia e España volvan a ter a riqueza de finais dos anos 90, con moito emprego e moita riqueza.

Perdoa e/ou Olvida:
Quedaría moi ben dicir que perdoo e olvido, pero non. Perdoo, pero non olvido.

Unha persoa:
Unha persoa que pola bondade que ten, que me recorda moito a miña avoa.

Ultimo cabreo foi por:
Ver como a xente conduce neste país....paso moito tempo facendo kms...e a verdade...caeme o pelo de tantas burradas que vexo...











 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario