XUNTA: Primeira orde de axudas á rehabilitación de vivendas nos 107 concellos do Camiño de Santiago,entre eles o de Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 3 de agosto de 2011

XUNTA: Primeira orde de axudas á rehabilitación de vivendas nos 107 concellos do Camiño de Santiago,entre eles o de Barro.

As axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago poden ascender ata os 10.000 euros por vivenda, e serán compatibles coas de rehabilitación de fachadas e rehabilitación e en conxuntos históricos.

Os propietarios de vivendas emprazadas no trazados dos sete camiños de Santiago que percorren Galicia poderán solicitar a partir do venres as axudas para a rehabilitación, unha vez que o Diario Oficial de Galicia publique mañá a orde pola que se convocan as mesmas. O período de solicitudes estará aberto ata decembro de 2011, presentándose as solicitudes nas xefaturas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estas axudas, para as que a administración galega e central destinan case 6 millóns de euros, beneficiarán as vivendas das parroquias de 107 concellos de Galicia , polas que discorre o Camiño de Santiago. As axudas medias serán de 5.000 euros do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2099-2012, que nalgúns casos poderán chegar aos 10.000 euros. Concretou que neses casos, os posibles beneficiarios terán que ter uns ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM (Indicador Público de Efectos Múltiples); que as obras se efectúen en vivendas de 10 ou máis anos e destinar a vivenda a domicilio habitual.

Para facilitar este labor informativo aos 107 concellos do Camiño, dende a Consellería de Medio Ambiente remitiuse unha carta nas que se lles informa da existencia dunha guía explicativa desta nova orde de axudas.

A orde que regula estas axudas prevé que con cargo a esta primeira fase da área de rehabilitación dos Camiños de Santiago se rehabiliten 573 vivendas, número susceptible de ampliación no caso de que o permitan os fondos autorizados, que acadan a contía máxima de 5,73 millóns de euros, repartidos a partes iguais nas anualidades 2012 e 2013.

Poderán acceder a estas axudas os propietarios que rehabiliten as súas vivendas emprazadas nas parroquias polas que transcorren as sete rutas do camiño de Santiago, excepto cando esas vivendas xa estean incluídas nunha área de rehabilitación declarada con anterioridade, en cuxo caso se aplicarán as axudas da área de rehabilitación máis antiga. Nas conexións das rutas do camiño coas cidades e as grandes vilas a área de rehabilitación non comprende tódalas vivendas de cada parroquia, senón as da delimitación do trazado do camiño.

As actuacións protexibles corresponden tanto ao interior das vivendas como ao exterior dos edificios. As obras no exterior do edificio irán destinadas á mellora da seguridade, estanquidade, accesibilidade, eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables.

Polo que respecta ás obras no interior das vivendas, o obxectivo será a mellora da habitabilidade, da seguridade, da accesibilidade e da eficiencia enerxética.

Os inmobles terá como mínimo dez anos de antigüidade e destinaranse a residencia habitual e permanente do propietario durante cinco anos como mínimo. Ademais, os ingresos familiares ponderados dos propietarios non poderán superar 6,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).

O importe máximo da subvención por vivenda pode acadar o 75 por cento do orzamento protexido, cun límite de 10.000 euros. Estas subvencións son compatibles coas de rehabilitación de fachadas e rehabilitación no medio rural e conxuntos históricos, financiadas exclusivamente con fondos da Xunta de Galicia. Pola contra, son incompatibles coas do programa Renove do Plan de Vivenda.

En calquera caso, o importe conxunto de todas as axudas recibidas non pode superar o 75 por cento do orzamento.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago inclúe no seu ámbito as sete rutas do Camiño de Santiago delimitadas en Galicia: Camiño do Norte, Primitivo, Francés, Ruta da Plata, Portugués, de Fisterra e Muxía e Inglés.

En total son 107 os concellos polos que transcorren as sete rutas, e preto de 500 as parroquias que se poderán beneficiar das axudas da área de rehabilitación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario