O domingo 28, Amor Ruibal salíu visitar o ghetto de Terezin... Un pobo completo convertido nun acinamento de xudeus... Ö outro lado do río, atópase a Pequena Fortaleza, un campo de concentración Nazi, onde confinaban a miles de xudeus co único fin de envialos a outros campos de exterminio ou ser executados alí mesmo. As sensacións son impresionantes, a emoción está a flor de pel, habendo algúns integrantes de grupo incapaces de rematar a visita. Unha parte negra da historia da humanidade, pero non deixa de ser historia que debemos conocer todos. Así no campo de concentración atopamos infinidade de barracóns onde se acinaban centos de xudeus en cada un, un túnel de 500 metros por onde conducían aos presos cara unha morte segura: o patíbulo. Máis de 1500 xudeus foron executados neste campo mediante o fusilamento e a forca. Fora do campo, no guetto, atópase o crematorio, onde queimaban os corpos, fosas comúns, etc..... A visita pagou a pena moitísimo, todos aprendemos un pouco máis.... Xa logo pola tarde, seguimos visitando a cidade de Praga, música en directo nas prazas, miles de visitantes, etc etc.... Estamos compartindo hotel, excursións , bailes etc.. con grupos de Chipre, Servia, Croacia, Georgia, etc.. Hoxe luns teremos a nosa primeira actuación, nunha praza abarrotada de xente todos os días. Esperemos teñamos sorte e saia todo ben.
Aquí deixamos algunhas fotos de como están desfrutando da República Checa os nosos veciñ@s.
E non todo ian a ser momentos duros!! Tomando unha cervexa e facendo amizades!!!!
lunes, 29 de agosto de 2011
New
Últimas noticias do grupo de danzas "Amor Ruibal" en Praga.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Danzas
Etiquetas:
Amor Ruibal,
barro,
cultura,
Danzas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario