Na sección de urbanismo do Concello de Barro, estase a tramitar expediente de concesión de licencia para a apertura do establecemento de almacen e corte de pedra, situado no Parque empresarial BARRO-MEIS, na Parcela B-06. Sector de Outeda-Curro (Barro).
A empresa de Agudelo, GESCOGRA, é a solicitante da tramitación de dito expediente. Pouco a pouco agardemos que o polígono de Barro, comece a ter forma e haxa moitas máis empresas, ata completalo.
Boa iniciativa a desta empresa, que aposta por seguir aquí, creando emprego(como hai pouco publicamos), e facéndoo en Barro, neste caso no novo polígono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario