O venres 23 de maio @s alumn@s do 3º ciclo fomos á Coruña acompañad@s
polas nosas titoras Nita, Claudia e Luz. Ao chegarmos aló o primeiro que
fixemos foi merendar para poñer a punto as neuronas e aproveitar ao
máximo a visita. Logo entramos no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia Y
Tecnología).
Dividíronnos en dous grupos e, en cada grupo, guiado por unha monitora,
fixemos equipos para contestar por escrito a unha serie de cuestións
relacionadas coas distintas salas polas que iamos pasar: Patrimonio,
Maiúsculas, Miscelánea, Iberia e Século XX. Escoitamos aos robots Marilú
e Pepexán, vimos o primeiro ordenador que houbo en España, un reloxo de
sol nunha copa, un acelerador de partículas construído en España, a
placa do primeiro superordenador, un Citroën 5CV, a primeira linterna
óptica da Torre de Hércules . . . Na sala Iberia probamos os cómodos
asentos de clase business do avión Lope de Vega que foi famoso por traer de volta a España o Guernica de Picasso.
Mi madriña !!! Que comodidade !!! Os asentos, ademais de teléfono,
pantalla para ver películas, bandexa para comer . . . tiñan reposapés
plegables e todo !!!
Despois de tanta actividade había que repor enerxía e xantamos no
comedor do MUNCYT que xa tiñamos reservado para nós. Como quedou moi boa
tarde, decidimos facer a dixestión dando un paseíño por Riazor ata a
nosa seguinte parada: O DOMUS ou CASA DO HOME.
É un museo interactivo onde se pode tocar, medir, pesar, probar. . .
unha chea de cousas relacionadas todas co ser humano: Xenética,
Reproducción, Sentidos, Corazón, Sistema Circulatorio, Sistema
Locomotor, Articulacións, . . . Ata había unha proxección dun parto e
todo !!! Brrrrr . . . Pero así é a vida, así é cómo vimos ao mundo. E
nunha sala escura vimos dous bebés siameses unidos pola cabeza e polo
peito !!! Que cousas !!!
Unha actividade que gustou moito foi probar a potencia do chute tirando
un balón á portería. E fixemos unhas fotos c@s nos@s antepasad@s "A
familia presumida". Que guap@s !!!
A media tarde voltou a fame a ruxir nas barrigolas e fomos merendar
preto da Torre de Hércules, comodamente sentados nuns bancos. E xogamos
ao pilla pilla, e corremos, e saltamos, e rimos, e cantamos. Cantas
cousas fixemos !!! Cantas cousas aprendimos !!! Que ben o pasamos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario