Só no mes de abril, chegaron ao centro 24 cachorros e 2 cadelas preñadas
·
As
posibilidades de supervivencia de nais e cachorros sen ningún tipo de
protección redúcense notablemente
·
Os
veterinarios do CAAN animan aos propietarios de animais a esterilizar ás
femias, para evitar estes abandonos
O Centro de Acollida de Animais Abandonados de Armenteira (CAAN),
dependente da Deputación, está a rexistrar nestes días un notable incremento do
abandono de cadelas preñadas ou recén paridas, coas súas camadas, algo que pon
en serio risco tanto a supervivencia dos cachorros como das propias nais.
Só nos mes de abril chegaron ao centro 5 cadelas coas súas camadas, outras 2
preñadas e 24 cachorros que foran abandonados.
Estas nais, xunto coas súas crías, están a ser atendidas polos veterinarios
do centro en dependencias illados dos demais animais adultos e de calquera
outra fonte de patóxenos, co obxectivo de evitarlle enfermidades nun momento no
que son especialmente sensibles.
Todos eles están a recibir unha alimentación adaptada ás súas necesidades,
e procedeuse á súa desparasitación e vacinación, co obxectivo de facilitar a
supervivencia.
Necesaria esterilización
Os responsables do centro subliñan que estes abandonos son “demasiado
frecuentes” nestas datas e veñen motivados porque os propietarios dos animais
non desexan máis mascotas e optan por desfacerse delas da peor maneira posible.
O máis frecuente é que se abandone á cadela coa intención de evitar que
paira no domicilio ou ben as camadas de cachorros.
Para poñer freo a esta situación, o servizo provincial de acollida de
animais está a facer especial fincapé nas súas campañas de concienciación na
necesidade de esterilizar ás femias, xa que así se evitarían embarazos non
desexados e os consecuentes abandonos dos animais no peor momento, cando acabar
de ser nais ou están a punto de selo e precisan de toda a dedicación posible,
ao igual que cando o que se abandonan son os cachorros acabados de nacer.
Neste sentido, os veterinarios do centro inciden en que se habitualmente o
abandono dos animais domésticos, que dependen das persoas para súa
supervivencia, xa supón importantes consecuencias sobre a saúde e o benestar
dos mesmos, cando se trata de cachorros acentúanse as repercusións xa que non
son capaces de regular a súa temperatura corporal, de acceder ao alimento e en
definitiva de valerse por si mesmos.
O mesmo ocorre cando se trata de nais, que se ven desprotexidas xusto cando
as súas necesidades alimentarias aumentan notablemente para poder alimentar aos
cachorros.
Calquera persoa interesada en adoptar un destes cachorros poderá visitar o
centro, consultar a páxina web (www.caan.depo.es) ou chamar por teléfono ao 608
975 326, onde será puntualmente informada.
A adopción non supón ningún custe para o interesado e os animais son
entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e
identificados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario