INCLUIDA BARRO-MEIS. O PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA PLANIFICA 117 ACTUACIÓNS QUE SE PODERÁN DESENVOLVER NOS VINDEIROS ANOS EN 95 CONCELLOS EN FUNCIÓN DA DEMANDA REAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 1 de mayo de 2014

INCLUIDA BARRO-MEIS. O PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA PLANIFICA 117 ACTUACIÓNS QUE SE PODERÁN DESENVOLVER NOS VINDEIROS ANOS EN 95 CONCELLOS EN FUNCIÓN DA DEMANDA REAL

 




§         O documento, aprobado hoxe polo Consello da Xunta, deriva das directrices de ordenación do territorio
§         Permite planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial e definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller solo empresarial para cubrir as necesidades a longo prazo
§      A superficie total prevista supera os 46 millóns de metros cadrados
§      Ao IGVS e Xestur corresponderalles desenvolver 53 destas actuacións, sempre que exista demanda contrastada a través do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial
§      O resto de actuacións corresponden a outros promotores públicos ou privados
§      O Plan sectorial é froito de varios anos de traballo e de exhaustivas análises da realidade actual e da posible demanda de solo empresarial nos próximos anos
§      Para a elaboración do Plan sectorial tívose en conta a opinión de empresas galegas, órganos administrativos e axentes sociais e económicos

O Consello da Xunta celebrado hoxe aprobou definitivamente o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, que ten como obxectivo principal a planificación das actuacións de solo empresarial que se poderán executar en Galicia ata 2024, sempre tendo en conta a demanda real de solo que se produza en cada comarca galega e que será comprobada a través do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial. A demanda real de solo servirá para priorizar as actuacións previstas no plan e o momento de acometelas.

O Plan sectorial serve para cuantificar, planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial e definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións deste tipo para cubrir as necesidades a longo prazo.

Parte das actuacións incluídas no Plan sectorial teñen como promotores o IGVS ou  Xestur, dependentes da Xunta de Galicia, mentres que outras actuacións dependen doutros promotores públicos como SEA, S.L., Consorcio da Zona Franca de Vigo, Sepes, Suplusa, os propios concellos ou promotores privados. Así mesmo, existen actuacións incluídas no Plan que aínda non teñen un promotor definido.

Polo que respecta ás actuacións dependentes da Xunta de Galicia, desenvolveranse en función da demanda real contrastada a partir do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial, de maneira que as actuacións que se leven a cabo terán unha demanda mínima garantida.


Actuacións incluídas
O plan inclúe un total de 117 actuacións, situadas en 95 concellos, que acadan unha superficie total ordenada de 46.303.084 m2 dependentes de promotores da Xunta de Galicia, o Estado, administracións locais e provincial e promotores privados.

Das actuacións incluídas no Plan, 53 corresponden ao IGVS e Xestur, cunha superficie de 16,6 millóns de metros cadrados e tres a SEA, S.L. (1,47 millóns de metros cadrados) mentres que as 61 actuacións restantes corresponden a outros promotores públicos ou privados ou non teñen un promotor definido.

O número de actuacións delimitadas por provincia e área funcional é o seguinte:

PROVINCIA
ÁREA FUNCIONAL
CONCELLOS
Nº ACTUACIÓNS
A CORUÑA
AF A CORUÑA
12
17

AF DE FERROL
6
6

AF DE SANTIAGO
13
22
LUGO
AF DE LUGO
8
8

AF AS MARIÑAS
5
8

AF TERRA DE LEMOS
2
3
OURENSE
AF OURENSE
17
17

AF O BARCO DE VALDEORRAS
3
4

AF VERÍN
1
1
PONTEVEDRA
AF PONTEVEDRA
14
13

AF LALÍN
3
3

AF VIGO
11
15

Obxecto
O obxecto do Plan Sectorial é determinar onde se desenvolverá nos próximos anos o solo empresarial que demanden

De acordo co modelo territorial establecido polas directrices de ordenación do territorio, o plan trata de compatibilizar o desenvolvemento de solo empresarial en Galicia coa defensa do ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural, mediante a avaliación da viabilidade de cada unha das actuacións previstas e a análise da capacidade de acollida de todo o territorio galego.

O Plan sectorial busca cubrir os déficits de solo empresarial, tratando de reducir os desequilibrios intercomarcais. A cobertura de déficits realízase pola seguinte orde:

1.- Na propia comarca deficitaria mediante as actuacións en tramitación e en estudo previstas no Plan 2009-2015 ou actuacións doutros promotores.

2.- Os déficits non cubertos no punto 1: cóbrense nas comarcas adxacentes que presentan superávit.

3.- Os déficits non cubertos nos puntos precedentes: cóbrense mediante a delimitación de novo solo.

Metodoloxía
O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia elaborouse tendo en conta tanto a realidade actual do solo empresarial en Galicia como a súa futura demanda.

Por un lado realizouse unha análise do solo empresarial que na actualidade ofertan tanto os organismos dependentes ou relacionados coa Xunta de Galicia (IGVS, Xestur, SEA) como doutros organismos públicos e entidades privadas, considerando o solo xa dispoñible e o que se atopa actualmente en execución ou previsto.

Por outra parte, realizáronse enquisas e entrevistas a empresas galegas, órganos administrativos, axentes sociais e económicos co obxectivo de cuantificar a futura demanda de solo empresarial en Galicia e a localización de dita demanda.

Así mesmo, tamén se realizou un estudo das vendas de solo empresarial no período 2000-2008; finalmente completouse o estudo do mercado coa utilización dun modelo estatístico que, utilizando diversas variables socioeconómicas e baseándose na evolución das vendas desde o ano 2000, realizou unha proxección das necesidades de solo empresarial cara ao futuro. Os resultados deste traballo indican que nos próximos anos máis do 18 por cento das empresas galegas van necesitar novas superficies industriais, que destinarán maioritariamente á ampliación das actividades existentes, a cambios de localización e á diversificación das súas actividades.

Decántanse pola adquisición do solo ou o alugamento con opción de compra máis do setenta por cento dos enquisados. No extremo contrario están os demandantes de naves ou de solo en alugueiro, que non chegan ao cinco por cento.

En calquera caso, as estimacións de demanda de solo empresarial saídas dos estudos realizados veranse reforzadas ou reaxustadas polos datos reais que ofrecerá o Rexistro de demandantes de solo empresarial en cuxa creación traballa actualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Unha vez redactado, o Plan sectorial someteuse a exposición pública para a presentación das alegacións pertinentes, parte das cales foron incorporadas ao plan sectorial

No hay comentarios:

Publicar un comentario