No muíño máis grande agardaban María, Germán e Sandra para explicarnos a historia dos muíños, as súas partes e o seu funcionamento; o proceso relativo á obtención da fariña, os distintos tipos de cereais utilizados e o funcionamento do forno de pedra.
Logo da merenda e de xogar un pouco, participamos nun taller de pan con Gonzalo, que é panadeiro. Aprendimos moitísimo!!
Antes de subir ao autobús para voltar ao cole, agasalláronnos cun moletiño de pan que estaba para chuparse os dedos.
Moitísimas grazas!!
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2014/04/saida-aos-muinos-da-barosa.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario