No ano 1982 a Deputación de Pontevedra adquiriu o
Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe é patrimonio público.
O terreo do Castelo, que comprende 25 hectáreas, foi rehabilitado para
converterse nun xardín aberto ó público que, ademais, foi recoñecido, desde
abril de 2012, como o primeiro xardín de España e sétimo de Europa de
Excelencia Internacional.
A maiores, nos terreos do Castelo de Soutomaior
sitúase unha explotación vitivinícola de albariño cunha extensión de catro
hectáreas. A explotación, do ano 1984, está distribuída sobre terreos tipo
terrazas e tamén sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal
suficiente.
Este ano, debido ás condicións climatolóxicas,
tanto no relativo á temperatura como á pluviometría, a colleita da uva do
Castelo de Soutomaior debe adiantarse para evitar efectos nefastos no produto
final. Por este motivo e por vez primeira, a Deputación de Pontevedra saca un
concurso público para que as empresas interesadas en vendimar a uva do Castelo
de Soutomaior poidan
presentar a súas propostas. O procedemento do contrato será o de poxa pública
para o alleamento do ben partindo dun prezo mínimo de 0,90 €/kg (IVE engadido)
que inclúe a vendima, recollida da mesma na leira do Castelo e o seu traslado á
adega por parte do adxudicatario.
As empresas interesadas en participar teñen un
prazo de 5 días naturais, contados a partir de hoxe sábado unha vez publicado
onte o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/09/04/2015034353),
para a presentación das proposicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario