§
La Vuelta sairá desde Galicia
por segunda vez nos últimos catro anos e por oitava vez na súa historia, ao que
hai que sumar que solo dúas das últimas 22 finais da rolda española tiveron
lugar fóra de Madrid e ambas as dúas foron en Santiago de Compostela
§
A directora de Turismo de
Galicia destacou que é unha oportunidade única para continuar coa traxectoria
de internacionalización do destino Galicia
§
O retorno económico de La
Vuelta 2014 ao seu paso por Galicia foi de máis de 4 millóns de euros, dos que
mais de 2 millóns de euros proviñeron da repercusión mediática e os mais de 1,7
millóns de euros restantes viñeron do retorno da inversión directa
La Vuelta Ciclista a España
2016 sairá de novo desde Galicia, concretamente dende
un balneario da provincia de Ourense onde terá lugar unha contrarreloxo
por equipos. A nosa comunidade albergará, ademais, cinco etapas que transcorrerán
polas catro provincias galegas.
Deste xeito, Galicia ocupará, unha vez mais,
un lugar destacado neste gran acontecemento deportivo que conxuga a competición
coa promoción turística por onde discorre.
Ourense protagonizará outro momento histórico
ao igual que o foi o sorprendente comezo dende unha batea en Vilanova de Arousa
no ano 2013 ou o remate do pasado ano que mesturouse coa meta do Camiño en
Santiago de Compostela.
Así, a nosa comunidade continúa constituíndo
un piar fundamental neste evento xa que La Vuelta sairá desde Galicia por
segunda vez nos últimos catro anos e por oitava vez na súa historia ao que hai
que sumar que solo dous dos últimos 22 finais da ronda española tiveron lugar
fora de Madrid e ambos foron en Santiago de Compostela.
No 2016, Galicia mostrará de novo todo o seu
esplendor a miles de espectadores cun inicio único e cinco etapas que non deixará a ninguén indiferente.
En declaracións aos medios, a directora de
Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou esta mañá La Vuelta ofrece á nosa
comunidade unha vez máis unha oportunidade única para continuar coa traxectoria
de internacionalización do destino Galicia.
Nava Castro referiuse a este evento deportivo
como “unha magnifica ferramenta para dar a coñecer as variadas paisaxes, a
sorprendente natureza, a excelente enogastronomía e o noso importante
patrimonio cultural diseminado por toda a xeografía galega”.
Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta
sinalou que La Vuelta constituirá unha carta de presentación da nosa oferta
turística a nivel internacional.
Espectacular
repercusión mediática
No pasado ano, tanto na saída coma durante a
carreira ou na meta de cada unha das etapas que transcorreron polo territorio
galego houbo un nivel de asistencia de público masiva rexistrándose un total de
2.100.000 espectadores in situ.
A estes espectadores que se acercaron ata os
lugares por onde pasou La Vuelta hai que engadir a espectacular
repercusión mediática acadada. O evento foi seguido por un gran número de
seguidores a través das pantallas de varios países do mundo acadando a
cobertura internacional 190 países dos cinco continentes.
A nivel nacional, La Vuelta tamén tivo unha
presenza continuada na televisión con mais de 8 horas de difusión diarias e
unha cota de pantalla do 14%, así coma unha audiencia acumulada de mais de 31
millóns.
En total, este evento xerou máis de 18 mil
artigos na web, mais de 6 mil artigos en prensa, 600 repercusións na radio e
516 noticias de televisión.
As cinco últimas etapas da La Vuelta 2014
disputadas en terras galegas supuxeron mais dun billón de audiencia e unha
valoración de preto de 16 millóns de euros.
Máis de
4 millóns de euros de retorno económico
Ademais, ao impacto mediático e a gran
repercusión comunicacional que xerou, hai que unir os beneficios directos que
produciu La Vuelta nas zonas polas que transcorreu.
Soamente a organización realizou reservas en
80 hoteis galegos, o que supuxo un total 2.500 prazas hoteleiras ocupadas ás
que hai que sumar as prazas dos invitados, medios de comunicación e
afeccionados.
Con todo, o retorno económico de La Vuelta
2014 ao seu paso por Galicia foi de máis de 4 millóns de euros, dos que mais de
2 millóns de euros proviñeron da repercusión mediática e os mais de 1,7 millóns
de euros restantes viñeron do retorno da inversión directa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario