§
A través da FCT (formación en centros de traballo), o alumnado
desenvólvese nun ámbito produtivo real que lle permite seguir afondando nos
seus coñecementos e, ao mesmo tempo, prepararse para o futuro mundo laboral
Durante o curso 2014-2015,
máis de 5.000 alumnos e alumnas da provincia de Pontevedra -5.146
concretamente, dos cales case 3.000 pertencen á comarca de Vigo- realizaron
prácticas de Formación Profesional en preto de 4.000 centros de traballo,
complementando así a formación que reciben na aula cunha máis vinculada ao
mundo real na empresa.
A formación en centros de traballo (FCT) é un
módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos que permite ao
alumnado desenvolverse nun ámbito produtivo real, realizando actividades
propias do perfil profesional para o que se está preparando. Deste xeito, e
ademais de poñer en práctica e seguir afondando nos coñecementos adquiridos nos
centros educativos, os rapaces e rapazas experimentan de preto o funcionamento
dunha empresa, o que os prepara para o futuro mercado laboral. De feito, estas
prácticas buscan favorecer e mellorar a inserción profesional dos mozos e
mozas.
Ademais, a Consellería de Cultura e Educación leva
investido máis de 8 millóns de euros desde 2009 para apoiar ao alumnado en
prácticas nos seus desprazamentos.
Case
14.000 en Galicia e fóra
En total, 13.979 alumnos e alumnas realizaron
o curso pasado formación práctica en 10.866 centros de traballo de toda Galicia
e fóra da Comunidade; de feito 500 deles optaron polo estranxeiro. Isto supón
algo máis de 5,5 millóns de horas empregadas no obxectivo de completar a
formación dos estudantes, o que demostra tamén o compromiso e implicación do
tecido empresarial galego coa xente moza.
Na seguinte táboa recóllense os datos da
provincia de Pontevedra divididos por comarcas:
Cómpre recordar que estas prácticas en
empresas son posibles grazas á ampla oferta de ciclos formativos que cada ano
realiza o departamento educativo da Xunta, permitindo incrementar así a
matriculación curso a curso. De feito, e segundo as previsións iniciais da
Consellería, neste 2015-2016 matricularanse en torno a 53.400 alumnos e
alumnas, o que suporía un 3,4% máis con respecto ao ano pasado.
Máis de 7.600 prazas para ciclos
No caso concreto da provincia de Pontevedra,
este curso ofértanse 7.645 prazas para ciclos de grao medio (4.045 distribuídas
en 143 ciclos) e de grao superior (3.600 distribuídas en 130 ciclos) de réxime
ordinario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario