·
Nesta terceira edición do
certame poden concorrer alumnos e alumnas de calquera centro docente dos sete
campus galegos
A Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os alumnos e alumnas de ensino
universitario de Galicia a tomar parte no III Concurso Universitario de
Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea.
As bases da convocatoria deste certame, que ten
como obxectivo promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a
doazón de medula ósea como un acto voluntario e altruísta, poden descargarse no
seguinte enlace da páxina web de ADOS:
Participantes
Na terceira edición do concurso de curtametraxes
relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, poden participar
estudantes de calquera dos centros docentes dos sete campus galegos que
presenten os seus traballos ata o 30 de xuño do 2018.
Poderán tomar parte os estudantes de xeito individual
ou en grupo, cun máximo de cinco autores por cada un dos traballos presentados
e cunha duración máxima de tres minutos. Así mesmo, as curtametraxes, que
deberán ser orixinais e inéditas, poden ser mudas ou sonoras, en galego
normativo e a técnica é libre, podendo gravarse en calquera dispositivo, mesmo
teléfonos móbiles.
Na primeira edición deste certame resultou
gañadora a curta “As almas xemelgas existen” e na segunda, o traballo “Regala
tempo”. Ambas curtas foron elaboradas por estudantes da Facultade de Ciencias
da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e atopanse colgadas na canle de YouTube da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue: https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ
ADOS quere animar a que tomen parte nesta
iniciativa todos os estudantes galegos, xa que promove unha actitude solidaria
e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos xoves, permitíndolles
coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema
sociosanitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario