Miguel Pérez Dubois:«Os concellos que fan parcelarias teñen un empuxón económico» - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 4 de febrero de 2018

Miguel Pérez Dubois:«Os concellos que fan parcelarias teñen un empuxón económico»


O director xeral e Desenvolvemento rural que na bisbarra é moi importante mellorar o reparto da terra, por exemplo, para plantar viñedos


A Miguel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural -un cargo que pertence á consellería de Medio Rural- cando se lle pregunta por algunha das concentracións parcelarias que están en marcha na comarca de Pontevedra non fai falta darlle demasiadas pistas. Coñece ben os concellos, as parroquias e como está cada un deses procesos. Non en van, leva trinta anos ligado a este mundo, xa que antes de ser director xeral foi xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra.
-Na comarca hai sete concentracións parcelarias en marcha, algunhas que levan moitos anos iniciadas, ¿cales cre van ver a luz máis pronto?
-Temos varias avanzadas. Por exemplo, as de Caldas, sobre todo a de Saiar, e algo menos a de Godos. Agora mesmo estamos axilizando todos os procesos, xa que hai que ter en conta que dende a aprobación da Lei de Mellora da Estrutura Territorial de Galicia (Metaga) logramos pasar de sete fase que tiñan antigamente as concentracións a soamente cuatro. Foi un paso adiante.
-Aínda así, a queixa de todos os veciños radica en que se trata de procesos moi longos, que ás veces duran décadas...
-Non vou negar que son procesos longos. E sono por moitísimos motivos. Para empezar, porque somos a terra do minifundio e lle temos apego ao chan, o que fai que este tipo de procedementos sexan complexos. Logo está o respecto polo Medio Ambiente, que obriga a facer moitos estudos e que tamén levan o seu tempo. Hai moitas causas que fan que sexa un proceso longo.
-Dende a nova lei non soamente se trata de concentrar terra, perséguese algo máis...
-Efectivamente, non se trata de concentrar terra exclusivamente. Trátase de que a terra pase a ser rendible tanto para cultivar como para aproveitamento forestal. Poñamos un exemplo que ademais se da na comarca de Pontevedra. Se hai uns propietarios de terras que cultivan viño... pois o normal será que as novas propiedades estean en sitios soleados, propicios para os viñedos. Trátase de reestruturar a terra de tal modo que sexa apetecible e rendible para que teña futuro.
-Os alcaldes, polo menos os dos municipios da zona onde están en marcha concentracións parcelarias ou xa se remataron moitas, como é o caso de Cuntis, defenden a capa e espada estes procesos. Incluso en Caldas e Portas falan de pedir máis...
-Claro, é que os concellos que fan parcelarias teñen un empuxón económico. Iso estase vendo en moitos sitios de Galicia e os alcaldes nótano, loxicamente. A terra pasa a ser rendible. Si que hai agora un movemento grande para solicitar parcelarias. E é certo o de Caldas e Portas.
-En Barro, en Agudelo, e en Saiar, en Caldas, non están rematadas as concentracións de todo. Pero xa funcionan as novas propiedades, ¿como é o proceso, cando se redistribúe a terra xa se pode utilizar e incluso vender aínda que non estean os títulos definitivos entregados aos donos?
-Pois si. En canto hai un acordo e desaparecen as parcelas antigas, que son relevadas polas novas, xa se poden empregar eses terreos de nova creación. O acordo pódese recorrer, pero fai falta unha porcentaxe de propietarios significativa para botalo abaixo. En canto se fai esa nova toma de posesión das parcelas, aínda que non estean os títulos, os novos propietarios xa poden empregalas ou vendelas con todas as garantías. Non van ter problemas. De feito, nos lugares que citaches, como a parroquia de Agudelo en Barro, xa están funcionando así.
-Onte, neste xornal, contabamos a historia de David, un mozo de Barro que, animado pola concentración de terras, se dedica a plantar viñedos. Di que sen a concentración non se animaría...
-Pois ten toda a razón. E ese é un exemplo do que se pretende, que é facilitar as cousas a quen quere cultivar ou facer un aproveitamento forestal. Eu lembro hai anos o caso dunha adega que para poder cultivar tivo que comprarlle terra a nada menos que noventa propietarios... aos dez primeiros aínda lla compras, aos vinte xa máis ou menos... pero a partir de aí todo se eterniza. Eran procesos interminables.
-En Cotobade, en Augasantas, chegou a suspenderse o proceso de concentración parcelaria...
-Si, lémbroo. No 2015, a raíz da nova lei, da Metaga, o que se fixo foi ver que ocorría con concentracións que levaban moitos anos atascadas, e ver se podía dárselles para adiante. Nas que non houbo acordos entre os propietarios, como creo que ocorreu neste caso, déronse por caducadas.
«Agora hai un movemento grande de concellos que piden que se lles fagan parcelarias»
«Eu lembro hai anos o caso dunha adega que lle tivo que comprar terreo a noventa donos»

No hay comentarios:

Publicar un comentario