A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE HOXE O PRAZO PARA QUE OS CONCELLOS SE ADHIRAN AO PROGRAMA “DEPOTERMAL 2018” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 20 de febrero de 2018

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE HOXE O PRAZO PARA QUE OS CONCELLOS SE ADHIRAN AO PROGRAMA “DEPOTERMAL 2018”




A iniciativa, impulsada para o fomento do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas maiores da provincia, ofertará 4.434 prazas

A Deputación de Pontevedra abriu hoxe o prazo para que os concellos se adhiran ao programa “Depotermal 2018”, programa da institución provincial promovido polo servizo do Cohesión Social e dirixido principalmente á terceira idade. Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan ata o vindeiro 5 de marzo mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente.

O plan de termalismo social “Depotermal 2018” ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, por medio de movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. Así mesmo, “Depotermal 2018” tamén pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, a través do cal se está a impulsar a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando a demanda.

Ao igual que nas anteriores edicións, “Depotermal 2018” terá dúas modalidades. Unha diúrna, que consistirá na asistencia aos establecementos termais durante cinco días consecutivos e outra con pernoita a través da cal se ofrece unha estancia de 6 días e 5 noites.

En canto a modalidade diúrna a Deputación de Pontevedra oferta 1.248 prazas, das cales 248 (4 por concello adherido) son reservadas para residentes nos concellos adheridos en situación ou risco de exclusión social, escasos recursos económicos e/ou idoneidade do programa para a usuaria ou usuario solicitante. No caso da modalidade con pernoita ofértanse 3.186 prazas, das que 186 (3 por concello adherido) son reservadas para residentes nos concellos adheridos en situación ou risco de exclusión social, escasos recursos económicos e/ou idoneidade do programa para a usuaria ou usuario solicitante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario