ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN EN PRÍNCIPE FELIPE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 4 de marzo de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN EN PRÍNCIPE FELIPE





Ao igual que o ano pasado, este campamento da institución provincial terá entre xullo e agosto seis quendas con 50 prazas para cada unha delas

Dende este mércores 28 de febreiro ata o vindeiro 23 de marzo está aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán que organiza a Deputación de Pontevedra en Príncipe Felipe e no que poderán participar rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra e que naceran entre os anos 2004 e 2011, ambos incluídos.

Ao igual que o ano pasado este Campamento terá 6 quendas con 50 prazas para cada unha. A primeira comezará o 9 de xullo e rematará o 14 de xullo; a segunda, será do 16 de xullo ao 21 de xullo; a terceira, do 23 de xullo ao 28 de xullo; a cuarta, do 6 de agosto ao 11 de agosto; a quinta, do 13 de agosto ao 18 de agosto, e a sexta arrancará o 20 agosto e alongarase ata o 25 agosto.

Durante o campamento, que terá un prezo de 125 euros por participante, realizaranse diferentes actividades como saídas ao medio natural, parque multiaventura, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas e obradoiros. Os membros de familia numerosa ata 3 fillos/fillas terán un desconto do 20% e os de máis de 3 fillos/fillas terán un desconto do 30%.

As prazas adxudicaranse mediante un sorteo (reservando 31 prazas para os nenos e nenas do Centro Príncipe Felipe). Daráselles prioridade a aqueles participantes que non asistisen ao campamento do ano pasado e establecerase unha cota por concellos de maneira proporcional segundo a súa poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario