§ A directora xeral de Patrimonio Natural visitou esta
mañá o Coto de Ponte Liñares, no Concello da Estrada
§ Unha das novidades da convocatoria deste ano é a
creación dunha zona de adestramento de lance no Couto de Couso e dun réxime
especial de pesca para a celebración do XXII Campionato de España Salmónidos
Mosca Xuventude
§ A directora recorda os luns son inhábiles para a
pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos, e os xoves non festivos só se
poderá practicar a pesca sen morte
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou esta
mañá o Couto de Ponte Liñares, con motivo do inicio da tempada de pesca fluvial,
que este ano arranca con máis de 40.000 licencias emitidas en 2018.
Díaz López recordou que
unha das novidades desta tempada é que se crea unha zona de adestramento de
lance no Couto de Couso, para todas as persoas que teñan a licenza en vigor. Unha
vez rematada a tempada, establécense dous períodos, do 1 de outubro ao 30 de
novembro entre as 10 e as 18 horas e, o segundo, do 1 de febreiro ao 30 de
abril dende as 08:30 horas ás 19:30 horas, permitíndose o adestramento de
martes a domingo, sendo os luns o día da semana inhábil para o adestramento.
A directora destacou que
esta medida é unha ferramenta que permitirá o acceso dos pescadores que o
soliciten para adestrarse unha vez remate a temporada de pesca, sendo
beneficiosa para os pescadores, para o fomento da pesca sen morte e para as
iniciativas empresariais da zona.
Outra das novidades que recolle a orde deste ano
é un réxime especial de pesca para a celebración do XXII Campionato de España
Salmónidos Mosca Xuventude, que se celebrará nos coutos de Xallas e Verdes nos
días 12, 13 3 14 de xullo.
De acordo co previsto no
Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997, do 14 de maio) e tal e como
establece a normativa pola que se regula a pesca das distintas especies nas
augas continentais de Galicia para o 2018, a tempada rematará o vindeiro 31 de
xullo, con carácter xeral. Tamén se mantén, con carácter xeral, que os luns se
declaran inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os
xoves laborais da tempada poderase pescar, pero unicamente na modalidade de
pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto na xornada do 29 de marzo,
Xoves Santo, e o 17 de maio (Día das Letras Galegas) que serán hábiles segundo
a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.
Nos coutos de salmón de Betanzos, Frieira e
Monteporreiro, e nos coutos de pesca intensiva da Ulloa e O Carballiño (tramo
2), serán inhábiles os xoves a todos os efectos, excepto os días 29 de marzo e
17 de maio. Nos tramos do río Eo e Navia compartidos con Asturias serán
inhábiles os luns e mais os xoves, agás festivos nacionais.
Nas zonas de desembocadura e mais nos encoros en
que se autoriza a pesca de ciprínidos autóctonos durante todo o ano serán
hábiles todos os días da semana para a captura de especies distintas dos
salmónidos, sen obriga de practicar a pesca sen norte en ningún caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario