MEDIO AMBIENTE CELEBRARÁ O DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN METEOGALICIA E O RADAR DE CUNTIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 21 de marzo de 2018

MEDIO AMBIENTE CELEBRARÁ O DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN METEOGALICIA E O RADAR DE CUNTIS






§  O vindeiro 23 de marzo celébrase esta efeméride para achegar á sociedade en xeral a importancia da meteoroloxía
§  As persoas interesadas en participar nalgunha das visitas de balde poden inscribirse no enderezo electrónico predicion.meteogalicia@xunta.gal

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio súmase un ano máis á celebración do Día Meteorolóxico Mundial, o vindeiro 23 de marzo, cunha xornada de portas abertas nas instalacións de MeteoGalicia e no radar meteorolóxico de Cuntis.

Con estas actividades, que serán de balde e para todos os públicos, preténdese achegar á sociedade a importancia da meteoroloxía e os seus sistemas de predición; polo que o persoal técnico que depende da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, explicarán aos visitantes e participantes como se utilizan os diferentes aparatos meteorolóxicos e de calidade de aire, como se recollen os datos e como se elabora unha predición.

Ademais de visitar as instalacións de MeteoGalicia -na Rúa Roma- e a Estación de Calidade do Aire de San Caetano, quen o desexe pode asistir, no mesmo lugar, ao lanzamento dun globo sonda, que se realizará ás 12:00 horas do mediodía. Ademais, quen teña interese, tamén pode coñecer o funcionamento do radar que MeteoGalicia ten no Monte Xesteiras, en Cuntis. Cómpre salientar que quen queira visitar o radar de Cuntis deberá acudir á sesión única ás 17:00 horas. O desprazamento realizarase en medios propios (en vehículo todoterreno) ou camiñando.

As visitas ás instalacións de MeteoGalicia e á Estación de Calidade do Aire de San Caetano o día 23 realizaranse por quendas. A primeira visita a MeteoGalicia será ás 11:00 horas e, despois do lanzamento do globo sonda, haberá outra ás 12:30 horas. Pola tarde, a primeira será ás 17:00 e a última as 18:00. As visitas á Estación de Calidade do Aire de San Caetano pola mañá serán ás 12:30 horas e, pola tarde, ás 17:00 e ás 17:30 horas. O acceso organizarase en grupos de 15 persoas.

Para participar na xornada de portas abertas de MeteoGalicia só é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo predicion.meteogalicia@xunta.gal antes das 12:00 do mediodía do 22 de marzo. No correo deberán indicar nome da/das actividade/es nas que desexa asistir, nome da persoa, a quenda de preferencia e o número de teléfono de contacto, para a confirmación por parte de MeteoGalicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario