Os servizos de extinción fixeron fronte na madrugada deste venres a un incendio declarado nunha nave destinada á cría de polos no concello pontevedrés de Barro.
Segundo os datos facilitados ao 112, o lume puido orixinarse preto das cinco da mañá nesta instalación situada na parroquia de Porráns.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ribadumia para sufocar as lapas, que acabaron afectando a toda a unha planta superior da nave, así como á súa estrutura. No interior, non había animais no momento de producirse o incendio.
Tras a chamada ao 112 Galicia dun particular, púxose en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de Ribadumia, así como persoal do Concello de Barro, Protección Civil e axentes da Garda Civil. Tamén foron informados os bombeiros de Pontevedra.
Igualmente, desde o CIAE alertouse aos técnicos da empresa subministradora do gas por mor de dous depósitos que había no interior da nave e que non resultaron afectados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario