O
prazo de presentación dos traballos será de dous meses dende a publicación do
extracto da convocatoria no BOPPO e poderanse presentar mozas e mozos de entre
16 e 35 anos
A
convocatoria conta con sete categorías e haberá 22.000 euros en premios, 1.000 máis
que na primeira edición deste concurso
A
Deputación de Pontevedra publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia
de Pontevedra as bases da segunda convocatoria dos “Premios Provinciais á
Xuventude”, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os
premios están dotados con 22.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen
como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de
Pontevedra. O prazo de presentación dos traballos será de dous meses dende a
publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
As sete
categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa
social (tres premios), iniciativa empresarial (tres premios), blogs (tres
premios), educación en
valores (tres premios), traballo
musical (tres premios), traballo literario breve (dous premios para narrativa e
dous para poesía) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).
Todas
as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 1.500 € ao
primeiro premio, 1.000 € ao segundo e 500 euros para o terceiro, a excepción do
traballo literario, que conta cun orzamento de 4.000 euros, modalidade na que
haberá un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 500 € tanto para o
traballo narrativo como para o de poesía.
Nas
bases dos Premios poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as
persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios
de presentación dos mesmos e a documentación que deberán adxuntar a maiores en
cada unha das categorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario