O ex-alcalde Landín Eirín, volverá a ser o candidato do PP en Barro para as eleccións municipais.
Fontes próximas ao PP así o confirmaron, tras evaluar distintas opcións internas de renovación na candidatura na liña que o conselleiro Alfonso Rueda promoveu no resto da provincia, finalmente en Barro, Landín volverá a encabezar a lista municipal do PP, co apoio incondicional e principal defensor, do actual Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
Ante a posibilidade dunha división interna entre dous sectores máis conservador, como o que defendia Tourís e outro máis renovador na liña que defendía Rueda, decidiron decantarse por un histórico local na política, en lugar dunha persoa máis mediática do PP local.
Queda agora por ver na confección das listas as distintas sensibilidades, ou se ben se fragua unha fractura, ou posible concurrencia noutras candidaturas como independientes, Vox ou Ciudadanos de aquelas persoas que non estarían dacordo con esta elección que fixo directamente a dirección do PP da provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario