Toman
parte este ano máis de 550 estudantes e preto de 60 docentes dun total de 22
centros educativos, pertencentes a 14 concellos da provincia
É a
terceira edición desta iniciativa, que busca impulsar o emprendemento na etapa
estudantil e cubrir así unha materia básica non incorporada ao currículo
educativo
Ao longo da próxima
semana vai comezar a formación específica para o persoal docente de Educación
Primaria e Especial, Secundaria e Formación Profesional dos centros educativos
da provincia que participan no programa DepoEmprende para escolares impulsado
dende fai tres anos pola Deputación de Pontevedra. En total, van iniciar a súa
formación preto de 60 profesoras e profesoras dun total de 22 centros
educativos, pertencentes a 14 concellos da provincia. O obxectivo desta fase
formativa é dotar ao persoal docente das ferramentas e recursos necesarios para
poder axudar ao alumnado a adquirir a competencia emprendedora.
O programa DepoEmprende
para escolares componse de tres categorías: DepoEmprende na Escola para
alumnado de Primaria e Educación Especial, DepoEmprende na ESO para alumnado de
Secundaria e DepoEmprende na FP. A formación desta semana comeza para 34
docentes de centros de Primaria e Educación Especial, para 14 docentes de
centros de Secundaria e para 11 docentes de centros de Formación Profesional.
As sesións formativas vanse desenvolver, as tardes dos luns ao xoves desta
semana, no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.
Na edición deste ano de
DepoEmprende para escolares participan un total de 22 centros educativos: 9 de
Primaria e Especial, 7 da ESO e 6 de Formación Profesional. Pertencen a un
total de 14 concellos diferentes da provincia. O alumnado total que forma parte
este ano da iniciativa é de máis de 550 alumnos, e pola banda do persoal
docente, están implicados preto de 60 profesoras e profesoras.
En concreto, en
DepoEmprende na Escola participan preto de 330 alumnas e alumnos de 9 centros
educativos. Trátase do CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños
Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique
Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe Nº 1
de Tui, CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa e CEIP
Santo André de Xeve (Pontevedra). O obxectivo do programa neste etapa é crear e
xestionar unha cooperativa para fabricar un produto concreto.
DepoEmprende na ESO
concentra este curso a case 100 alumnas e alumnos de 7 centros educativos. Son
o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luís Seoane
(Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES
Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño. A finalidade neste programa é poder
crear cooperativas de comercio exterior e estudar iniciativa emprendedora.
Máis de 130 estudantes de
Formación Profesional, pertencentes a 6 centros da provincia, toman parte este
ano en DepoEmprende na FP. En concreto, trátase do IES de Rodeira (Cangas),
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra
do Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra) e CPR San Miguel (Vigo). O
obxectivo de DepoEmprende para escolares de FP é crear proxectos empresarias
concretos.
Este programa impulsado
pola Deputación ten acadado un notable éxito nos tres cursos que se vén
aplicando, sendo o curso pasado o da súa consolidación. No curso 2017-2018
participaron nas tres categorías un total de 549 alumnas e alumnos: 404 en
DepoEmprende na Escola, 36 en DepoEmprende na ESO e 109 en DepoEmprende na FP.
Foron 21 centros educativos os que tomaron parte na iniciativa, que deu como
resultado a creación de 17 cooperativas en Primaria e Especial, 5 cooperativas
de comercio exterior na ESO e a configuración de 38 proxectos empresariais na
FP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario