A XUNTA INCREMENTA NUN 33% AS AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS QUE XESTIONAN COMEDORES ESCOLARES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 29 de octubre de 2023

A XUNTA INCREMENTA NUN 33% AS AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS QUE XESTIONAN COMEDORES ESCOLARES

 


 

     A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 1,6M€ a esta convocatoria, o triplo que antes da pandemia

     É o segundo ano consecutivo que o Goberno galego sube a achega por menú, para axudar ás familias ante a alza de prezos pola inflación

 

 A Xunta de Galicia reforza este curso as axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares, ao que destina 1,6M€. Xa está aberto o prazo de solicitudes desta convocatoria, cuxo orzamento se incrementa en 400.000€, un 33% fronte á do ano académico 2022/23, e case o triplo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia, en concreto 553.000 para o curso 2019/20.

O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.

É o segundo ano consecutivo que o Goberno galego sube a achega por menú ás anpas, o que fai que en só dous cursos, a achega máxima por menú se viu incrementada nun 56%. Isto enmárcase nas accións da consellería de intensificar o apoio ás familias ante a alza de prezos pola inflación.

Consolídase así o incremento desta liña de axudas que o departamento educativo da Xunta iniciou na pandemia, cunha partida específica para contribuír a sufragar gastos relacionados coa covid-19. Superada esta continxencia, o incremento comezou a destinarse aos menús o pasado curso, ás anpas a facer fronte á inflación.

Estas axudas súmanse ao incremento do orzamento para os comedores que xestionan a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Enmárcase, ademais, nas distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M€, 200 se ten en conta o transporte escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario