Retorna D-Medo con curtas de tres minutos sobre o Samaín - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 11 de octubre de 2023

Retorna D-Medo con curtas de tres minutos sobre o Samaín

 


O Samaín de Barro volve celebrarse cunha cita de ficción fílmica grazas á organización do Festival de Curtas D-Medo. 

Ata o mércores 18 de outubro pódense presentar os traballos, que deben durar un máximo de tres minutos e utilizar unha temática vinculada ao día do Samaín. O enfoque do proxecto, o xénero e o número de personaxes é libre.

Todas as bases do concurso pódense consultar na oficina da OMIX de Barro ou na web do Concello. 

Establécense tres premios. O primeiro consiste en 200 euros. Tamén se establece un premio do público cun vale de 60 euros e outro para estudantes de Ensino Secundario, tamén dotado cun vale de gasto pola mesma cantidade.

O martes 31 de outubro van proxectarse as curtas nunha gala final na que se entregarán os premios, segundo informa o Concello.

A actividade forma parte do programa Dándolle á lingua 2023, promovido pola Deputación de Pontevedra coa intención de dinamizar a lingua galega.

https://pontevedraviva.com/cultura/98715/d-medo-barro-2023-samain/

No hay comentarios:

Publicar un comentario