A XUNTA REALIZA TRABALLOS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TREITOS INTERURBANOS DOS RÍOS BAROSA E MAQUIEIRA AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE BARRO E DE PORTAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 8 de octubre de 2023

A XUNTA REALIZA TRABALLOS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TREITOS INTERURBANOS DOS RÍOS BAROSA E MAQUIEIRA AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE BARRO E DE PORTAS

 


―      Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 3,7 km

―      Os traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

―      As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle

―      A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza en dous treitos interurbanos do río Barosa e no río Maquieira, ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas.

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial significativo de inundacións.

Os treitos nos que se están levando a cabo estas tarefas suman unha lonxitude de máis de 3,7 km. As intervencións céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario