Na noite do mércores celebrouse o primeiro Pleno ordinario deste mandato e que tivo como punto principal a aprobación do último paso administrativo para a cesión por parte do Concello de Barro á Consellería de Sanidade da parcela para a construción do novo Centro de Saúde.
Con este trámite, que foi aprobado cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e cos votos en contra de Xuntos, xa se poderá rexistrar a parcela a nome da Consellería de Sanidade, un paso fundamental para que a Xunta poida iniciar a construción da nova edificación.
A corporación tamén tivo seleccionar unha proposta para xuíza de paz substituta entre as dúas persoas que se presentaron. A proposta do goberno foi a da candidata que tiña un perfil académico máis axeitado e foi aprobada cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e coa abstención de Xuntos.
Este é un traballo non remunerado e que exercería unicamente no caso de que ocorrera algo coa xuíza de Paz titular que lle impedira exercer.
https://www.pontevedraviva.com/xeral/98427/ultimo-paso-administrativo-cesion-parcela-centro-salud-barro/
No hay comentarios:
Publicar un comentario