Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de diciembre de 2012

BARRO:Dudan de que una yegua atacada en Campodeira fuera víctima de los lobos

La Asociación Cabalar Monte Acibal denunció ayer la aparición de una yegua muerta en el monte de Campodeira. Fue en el mismo lugar donde se había hallado a principios del mes de noviembre una vaca sin los cuartos traseros, aparentemente cortados con una rebarbadora, después de dispararle en dos ocasiones, para robar la carne. El caso fue investigado por la Guardia Civil.

El origen del suceso no está claro y distintas versiones achacan lo ocurrido a un ataque de lobos o a la acción humana.

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONVIDA AOS GALEGOS E GALEGAS A SER SOLIDARIOS DOANDO SANGUE NO NADAL

·         O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) continúa desenvolvendo a campaña de doazón “Nadal 2012”, convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador.

O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Dificultades engadidas
Nos meses de decembro e xaneiro, a acumulación de festivos provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.

Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor dun cento de concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:

DATA
CONCELLOS
Venres 28 de decembro
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Cee, Cerdido, Muros, Noia, Chantada, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Baiona e Redondela.
Sábado 29 de decembro
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Noia, Antas de Ulla, A Estrada e Redondela
Luns 31 de decembro
Cantón Pequeno e Barrio Monte Alto (A Coruña), Area Central-Fontiñas e Praza Roja (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Príncipe e Zona As Travesas (Vigo).
Mércores 2 de xaneiro
Cantón Pequeno e Barrio Peruleiro (A Coruña), A Silva (Cerceda), Praza Armas (Ferrol), Negreira, Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Lalín, Nigrán e Porriño.
Xoves 3 de xaneiro
Aranga, Carballo, Negreira, Pontedeume, Aguiño (Ribeira), Ribadeo, A Porqueira, Verín, Lalín, Porriño e Rúa Venezuela (Vigo).
Venres 4 de xaneiro
Betanzos, Carballo, Cedeira, Ribeira, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), Viveiro, Castrelo de Miño, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña.
Sábado 5 de xaneiro
Betanzos, Cedeira, Ribeira, Viveiro e Cangas do Morrazo.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

jueves, 27 de diciembre de 2012

A TEMPADA DE PESCA 2013 EN GALICIA INICIARASE O 17 DE MARZO E REMATARÁ O 31 DE XULLO


O Diario Oficial de Galicia publica a orde na que se definen algunha peculiaridade para determinadas especies


§         Entre as novidades desta tempada destaca que o copo para a captura de salmón no río Miño pasa de 5 a 8 exemplares
§         Incorpóranse unha nova masa de auga, un tramo no río Mendo entre A Ponte dos Cabalos e a desembocadura do río Mandeo, para a pesca de reo
§         A tempada da troita nas augas de montaña comeza o 1 de maio e súmase o río Soldón, augas abaixo da ponte da estrada de Rugando a Vilarmel
§         Establecense novos tramos vedados, 26,9 quilómetros na Coruña, 87,4 en Lugo, 11 en Ourense e 27,5 en Pontevedra, e se levanta a veda en 88 quilómetros de ríos da Coruña, 15,7 en Lugo e 7 en Pontevedra
§         Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos

A tempada de pesca para o ano 2013 na Comunidade galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

Trátase dunha orde anual na que se definen as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia e que é acorde aos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Entre as novidades que destacan na orde que se publica hoxe é que o copo para a captura de salmón no río Miño pasa de 5 a 8 exemplares, e mantense o réxime de pesca de aplicación ao reo e á troita.

No que atinxe aos ciprínidos autorízase o uso do asticot como cebo nos encoros do anexo VII da orde publicada hoxe, tal como se viña facendo nas tempadas anteriores á do 2012.

Nesta nova orde tamén se recolle un réxime especial polo interese etnográfico da captura da anguía, en varios concellos lucenses, nas ribeiras do Miño.

Non obstante, mantense de igual xeito o réxime de aplicación as xornadas hábiles, as modalidades, as canas de pesca e utensilios auxiliares a pesca a flote, a modalidade de pesca sen morte e a normativa dos coutos.

Salmón
O período hábil para a pesca do salmón nos coutos da Pontenova, Betanzos, Celeiro, Couso, Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Sinde e Ximonde irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Por outro lado, nos coutos do río Ulla poderá practicarse a pesca sen morte do salmón.

A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 cm. A cota anual fíxase en 8 exemplares no río Lérez, 5 no río Mandeo, 15 no río Masma, 8 no río Miño, 10 no couto de Salmeán e 35 no río Ulla. No reto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.

En relación cos engados (engado é o material que se pon no anzol para atraer á presa e que o trague. Os engados poden ser naturais, collidos da natureza, miñocas, larvas, carne, peixes,... ou artificiais, construidos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar), os artificiais autorizados son a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Dende o 1 de xuño ata fin da tempada os engados só poderán ter un anzol simple. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño. No caso dos naturais, os autorizados son a miñoca e quisquilla.

Pautas especiais na captura do salmón
Na orde tamén se recolle unha serie de prescricións especiais para as capturas do salmón. Así, aquelas que sexan accidentais fora da tempada hábil, de exemplares de menos de 40 cm, e máis as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas a auga con rapidez, mantendo ao pez na auga mentres se libera do engado podéndose valer dunha sacadeira. Deste xeito, nunca deberá estar suspendido verticalmente suxeitándolle pola cola, e de ser preciso, procederase a cortar a sedela para liberar o peixe.

En todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados. Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as mesmas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da Administración autora da repoboación.

A pesca do reo
En función do couto no que se practica este deporte, a Xunta establece unha data de remate da tempada. Deste xeito:

nos coutos da Pontenova (lote 1,2 e 3) iníciase o 1 de maio ata o 31 de xullo
nos coutos de Celeiro (lotes 2 e 3), Couso, Lambre, Monteporreiro, Noia, Noval, Ombre, ponte Arnelas, A Ponte do Porto, ribeiras, Segade, Sinde, Viveiro 8lotes 2 e 3) Simonde e Xuvia a tempada vai dende o 1 de maio ao 30 de setembro
no couto de betanzos do 1 de maio ao 15 de setembro

Cómpre sinalar que nas zonas de desembocadura non se autoriza a captura do reo e noutras masas de auga (distintas das citadas anteriormente) establécese un período de pesca que discorre dende o 1 de maio ao 31 de xullo.

Para esta especie, fíxase unha captura de 5 exemplares, dunha dimensión mínima de 35 cm, por persoa e xornada; agas no tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Caldas de Reis e o límite superior da zona de desembocadura, cuxa cota diaria será de 2 reos e nos tramos autorizados do couto de A Pontenova, a dimensión mínima será de 25 cm e a cota de captura de 8 exemplares por pescador/día.

Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmo que no caso do salmón; mentres que sobre os naturais, permítense todos; agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais mais que para a pesca do salmón.

Captura da troita
Na maioría das masas nas que se cría esta especie habilítase o período comprendido entre o 17 de marzo e o 31 de xullo; mentres que nos coutos e tramos de pesca sen morte, os de pesca intensiva e nos conveniados iníciase o 17 de marzo ata o 30 de setembro con carácter xeral, aplazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmonieiras, de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.

Tamén se establece un período especial para o tramo do río Bibei, compartido con Zamora, polo que no encoro de San Sebastián só se poderá capturar exemplares cunha talla mínima de 19 cm entre os días 31 de marzo ata o 31 de agosto. No tramo do río Bibei entre os encoros de Pías e San Sebastián e no Encoro das Pías poderase practicar a pesca no período comprendido ente o 28 de abril e o 31 de agosto.

Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 10 exemplares ao día e por persoa cunha tall mínima de 19 cm. Non obstante existen unha serie de normas específicas para determinadas masas de auga.

Na orde que publica hoxe o DOG tamén se aclaran nun artigo as condicións da captura da lamprea, que unicamente se autoriza nos ríos Tea e Ulla, e que se recollen nas orde do 9 de novembro de 2012.

Masas de auga
Nos diferentes anexos da orde pode consultarse información relativa ás masas de auga. Non obstante, destaca a incorporación dunha nova masa de auga de reo, un tramo no río Mendo entre A Ponte dos Cabalos e a desembocadura do río Mandeo.

Xornadas hábiles
Tal e como se recolle na orde, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos, e nos coutos de pesca tamén serán inhábiles os xoves.

Os coutos conveniados con sociedades colaboradoras de pesca poderase pescar os xoves na modalidade de pesca sen morte ata o 30 de setembro.

En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saía do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas a páxina web de MeteoGalicia.


lunes, 24 de diciembre de 2012

"Amigos da Fervenza" anuncia una segunda edición de "Barro de Tapas"

La Asociación ‘Amigos da Fervenza da Barosa’ destaca el «éxito» obtenido por la primera edición de la iniciativa ‘Barro de Tapas’, en la que los establecimientos gastronómicos participantes despacharon unas 800 tapas en tan solo un fin de semana.
 
El colectivo organizador se satisface porque «en tan solo tres días los 19 locales participantes» lograran este nivel de ventas, el cual les permitió aumentar caja en una cifra total aproximada de 2.000 euros.
La actividad consistió en la degustación de tapas caseras elaboradas por los hosteleros, que los comensales acompañaron con diversas variedades de vino Albariño de las Rías Baixas.

La presidenta de la asociación, Mónica Cons Fernández, destaca que, «a pesar del mal tiempo, que hizo que el local de Barosa Gastronatural no pudiera participar por una inundación en la parada natural de la Ría de Barosa, el resto de los locales celebraron con éxito esta primera edición, logrando una venta total en conjunto de 800 tapas, lo que, para ser la primera edición, supone un éxito importante. Además, esto se presenta como un revulsivo para la hostelería local, como así estaba recogido en los objetivos de los organizadores del evento».

Estafa??? Asocian por error a la AECC una campaña de venta telefónica

La Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) ha explicado que "una asociación ajena a nosotros y de fuera de Galicia" lleva una campaña de venta de productos vía telefónica con el objetivo de recaudar fondos para ayudar a niños con cáncer.

"Ante la cantidad de llamadas recibidas y dudas que ha suscitado la campaña", aclara que la AECC "no tienen ninguna relación" con ese programa de venta ni con la organización responsable de la misma.
Asimismo, la junta de la AECC que encabeza en Pontevedra Marisé Crespo destaca que la Asociación contra el Cáncer no realiza ventas telefónicas de productos para recaudar fondos.

Cambados se vuelca en el homenaje a su nuevo Hijo Adoptivo, el músico "Manso". Esteban Batallán, de Barro, actúa en el concierto.

El público abarrota el auditorio y asiste a un concierto en el que actuó Esteban Batallán - Salvador Cores Robado es uno de los grandes acordeonistas de las últimas décadas


Salvador Cores Robado, Manso, ya es Hijo Adoptivo de Cambados. El alcalde, Luis Aragunde, le entregó ayer por la tarde el título aprobado en el pleno extraordinario de esta semana, con el cual el pueblo cambadés quiere destacar la importancia de Manso en el panorama musical de la última mitad de siglo en O Salnés.

Fue en el transcurso de un acto emotivo para el cual el auditorio de A Xuventude se quedó pequeño, hasta el extremo de que muchos tuvieron que quedarse de pie o en el vestíbulo del edificio. Y como no podía ser de otra manera en el homenaje a un músico, hubo música, interpretada por el grupo Manso e Amigos y por Esteban Batallán, un vecino de Barro que es trompeta solista en la prestigiosa Orquesta Sinfónica de Granada.

Manso recibió el calor del público en más de una ocasión, a lo cual él respondió con muestras de sentido agradecimiento. Junto a él se encontraba su esposa, Josefina González, Fica a Fina, que es la responsable de que Manso lleve más de media vida en Cambados.

El homenajeado ayer en el auditorio de A Xuventude nació en Sobradelo (Vilagarcía) en 1936, aunque pasó los primeros años de su vida en Vilaxoán. Su abuelo y su padre habían sido destacados acordeonistas, y Salvador Cores siguió esta tradición, hasta el extremo de que con nueve años ya tocaba con su padre en bodas. A los 12 ingresó en la orquesta de su hermano, "Manso y sus muchachos", y años después pasó por la mítica Krazy Kray. Se trasladó a vivir a Cambados con 19 años, tras contraer matrimonio con Josefina González, y ya nunca salió de la Vila do Albariño.

"Manso" forma parte de una estirpe de acordeonistas que son muy recordados en toda la comarca, pues, como él recuerda, eran los instrumentistas más importantes de las orquestas. De esa época son, por ejemplo, Xanote, Poceiro, Diosiño o Pilo.

"En aquella época si una orquesta tenía un buen acordeonista era una buena orquesta. Los acordeonistas tocaban piezas solistas y tenías sus propios siareiros", recuerda Cores Robado.

Para él la música es sagrada. "La música lo es todo para mí. Estoy enfermo de la columna y sigo tocando". De su población y sus vecinos sostiene que "me considero cambadés de sentimiento por los cuatro costados".




O CEIP Amor Ruibal celebra o Nadal 2012-13

sábado, 22 de diciembre de 2012

"Barro de Tapas, 1ª Edición" acada un resultado de 800 tapas vendidas nunha fin de semana.

A "AC Amigos da Fervenza da Barosa", como entidade organizadora, considera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no "Barro de Tapas, 1ª Edición" lograsen unha venta total de máis de 800 tapas.

A pasada fin de semana 19 locais de hostelería de Barro uníronse á ruta do "Barro de Tapas, 1ª Edición" que promovía a degustación de tapas caseiras elaboradas e a degustación de albariños Rías Baixas da D.O.

A pesares do mal tempo,que fixo que o local de Barosa Gastronatural non puidese participar por unha inundación na fermosa paraxe natural da Ría de Barosa, o resto de locais completaron con éxito esta primeira edición logrando unha venta total en conxunto de 800 tapas, o que para ser a primeira edición supón un éxito importante ademáis dun revulsivo para a hostelería local, segundo se deseñou dende a organización do evento.

O impacto económico directo polas tapas foi de 2.000 € aos locais, se ben hai constancia de que moitas persoas quedaron a cear ou picar algo polos locales de Barro, polo que os réditos económicos estimados poderían achegarse aos 3.500 € como cifra global para a hostelería.

Tamén cabe salientar o impacto nas redes sociais, nas que durante toda a fin de semana, acadáronse cifras dunha media de 112 persoas consultando de maneira contínua o web de facebook e chegouse de maneira directa a case que 2400 persoas. Outro dato significativo foi a consulta da ruta no google maps, que acadou as 1250 visitas ata o pasado domingo.

Unha vez rematada esta edición, o sentir xeral da hostelería implicada, que así lle transmitiu á organización, é que a duración do "Barro de Tapas" ten que ser maior, así como incorporar ademáis do viño albariño, cervexa ou refrescos, e como non, que se celebre outra edición, que terá lugar na primavera do 2013.

Dende a AC xa se está a traballar na vindeira edición que será a 2ª, co ánimo de dar resposta ás inquedanzas transmitidas e tamén en mellorar o evento incorporando máis premios e facendo rutas máis curtas e accesibles.


viernes, 21 de diciembre de 2012

A DEPUTACIÓN CONCEDE 400.000 EUROS PARA OBRAS NA ÁREA DE SAN ANTONIÑO (BARRO), URBANIZACIÓN DA RÚA OLIVEIRA EN POIO E SANEAMENTOS EN DIVERSOS LUGARES DE VALGA

 A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe axudas por valor de 400.000 euros para que os concellos de Barro, Poio e Valga desenvolvan tres proxectos que incluiron no Plan de Investimentos da Deputación (PID).

As obras e as cuantías son as seguintes:

Barro
Área recreativa de San Antoniño
75.812,92 €
Poio
Saneamento pluviais, abastecemento e pavimentación na rúa Oliveira
115.523,66 €
Valga
“Saneamento nos lugares de Cernadas de Casal de Eirigo
206.514,10 €

En todos os casos a Xunta de Goberno acordou iniciar o expediente de contratación das mencionadas obras.
 As subvencións   foron incluidas nun lote polo que dez concellos da provincia recibirán un millón de euros para traballos do citado plan.
 
 

jueves, 20 de diciembre de 2012

"Nadal Solidario en Barro". Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, organiza "Nadal Solidario en Barro", que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña que se desenrolará en dúas fases de recollida a primeira ata o 24 de Decembro e a segunda ata o 5 de Xaneiro de 2012, pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos.

Para unha maior eficiencia na recollida vaise contar con dúas persoas que actuarán como Coordinadores da mesma, que serán Elena Porta e Faustino Batallán, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Existen dous teléfonos de contacto para calquera suxestión que serán o 668.853.863 e o 668.878.958

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:

SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO TANDY-FROIZ (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
CASA OUBIÑA(GÁNDARA-PERDECANAI)
IGREXA PARROQUIAL (PERDECANAI)

IGREXA PARROQUIAL (BARRO)
A DE MARUJA (BARRO)

A DE RIAL (VALIÑAS)
IGREXA PARROQUIAL (VALIÑAS)

IGREXA PARROQUIAL (AGUDELO)

IGREXA PARROQUIAL (PORTELA)
SUPER ESTACIÓN DA PORTELA

IGREXA PARROQUIAL(CURRO)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas negociacións abertas.

Concello de Barro: Actividades de Nadal na Omix

Datas: Do 22 ao 29 de Decembro

Onde: Biblioteca Pública Municipal de Barro

Dirixido a ; nenos de 6 a 12 anos

Horario: de 11.00 a 13.30

Actividades: Facemos un belén(22),un conto(26)xogos populares e panxoliñas(27)sabes xogar as cartas?(28)descúbreo(29)
 Inscripción; Gratuita na Oficina de Información Xuvenil de Barro ata o 21 de decembro. Débese cubrir unha autorización por parte dos pais( 986-714806, omix@barro.es)


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Los ladrones se ceban con una empresa y con el campo de fútbol de Barro

Los afectados son el Ayuntamiento, al entrar los ladrones en el vestuario del campo de fútbol Cesto Redondo y destrozarlo, y una hormigonera del polígono de Sequeiros en la que faltó maquinaria.

Los ladrones llevaron en las últimas semanas maquinaria y material de una empresa de Barro valorados en 17.000 euros. También actuaron en el campo de fútbol, cuyos vestuarios destrozaron. El Ayuntamiento de Barro y una empresa de hormigones situada en el polígono de Sequeiro fueron las dos últimas víctimas de los robos de material en el municipio.

Las denuncias más recientes presentadas en este municipio se refieren al robo y desechos en el vestuario del campo de fútbol municipal y a la substracción de maquinaria de una empresa de hormigones asentada en el polígono industrial más antiguo del ayuntamiento.

En el primer caso, el alcalde reconoció que el Ayuntamiento no contaba con que la acción de los ladrones pudiera llegar tan lejos. «Estábamos haciendo una reparación dos vestuarios del campo de fútbol Cesto Redondo y colocamos nuevas iluminarias, plafones y demás. Lo llevaron todo en el fin de semana. Además del valor material, causaron un buen destrozo, reconoció al regidor.

La noticia dio la vuelta a las redes sociales de la mano del afiliado del PP Faustino Batallán, que se quejó en estos foros públicos de la "mala uva" de los ladrones, que destruyó un local público.

Landín cifró las pérdidas en unos 1.000 euros «si tenemos en cuenta la mano de obra que se pagó, pero resultó inútil, ya que todo fue deshecho después,» pero sin duda calculó mal, pues los ladrones, además de llevar el material eléctrico, arrasaron con todo el que pudieron: destrozaron las dos calderas de agua a hartar o con un poste de pequeñas dimensiones, llevaron los apliques metálicos de las duchas, y hasta se llevaron el pino de Navidad de la cantina, obligando a los responsables de mantenimiento a buscar un árbol de repuesto.

El regidor presentó la pertinente denuncia en el puesto de la Guarda Civil, puesto que, además, no es la primera vez que los vestuarios de los campos de fútbol locales son víctimas de algún ataque de este tipo.

La lista de pérdidas del Ayuntamiento, con todo, no es nada comparada con la que presenta una empresa del polígono de Sequero perteneciente a la cadena Canteras Industriales del Bierzo S.A., de la que desaparecieron efectos y maquinaria por valor de unos 17.000 euros.

Los hechos se produjeron entre el 15 de noviembre y el 10 de diciembre y, al parecer, las o las personas que se encargaron de desvalijar la instalación industrial forzaron la puerta de entrada al recinto para hacerlo.


Al tratarse de una planta de hormigón con maquinaria pesada, el valor de los efectos sustraídos se multiplica, aunque el más probable es que el destino de los mismos sea el mercado de metal y no el de segunda mano, dado que la maquinaria específica, como la que puede requerir este tipo de empresas, es fácil de identificar.