Mónica,
es a Presidenta da Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa".
Pódesnos contar quen sodes e que pretendedes dende a asociación?
A Asociación constituímula un grupo de xoves de Barro con ganas de liala... (jajaja). Un
día estábamos uns de nós tomando uns viños por Barro, e falando do noso
concello, e de cousas que se poderían facer para promocionalo, polo que decidimos crear esta asociación para
na maneira que nos fóra posible, cos recursos que temos, intentar
fomentar o turismo, a cultura, a gastronomía e os negocios de Barro,
entón empezamos a falar con xente que cremos que tiña as mesmas ganas ...
e en un par de dias xa estaba creada.Como xurdiu a idea de facer o "Barro de Tapas. 1ª Edición" ?
Bueno, nos mesmos xa facíamos algunha pequena ruta cando quedábamos pra ir de viños... enton pensamos... por que non??
E
algo que xa se fai en outros concellos, pero que en Barro nunca se
fixera, e a verdade e que nos emocionaba a idea de poñelo en marcha.
E así o fixemos, de
ser anotacions nunha servilleta de papel da Muiñada de Barosa (que é a
nosa sede)... pasou a ser un proxecto... e agora unha realidade.
Quere dicir que haberá unha "2ª Edición ou sucesivas"?
Dada
a alta participación (case a totalidade) dos locais de Barro, estamos
dispostos a organizar mais edicións, e de paso, ir modelandoa para que
sexa mellor e por petición dos propios locais a 2ª edición Barro de
Tapas terá unha duración maior.
Contamos 19 locais, e 29 tapas, xa que algún local ten varias. Esperábades tanta aceptación e resposta da hostelería de Barro?
Cando
puxemos este proxecto en marcha... a idea era conseguir 8 locais, 1 por
cada parroquia (que son 6 ), e de Curro e da Portela 2, dado que son as
parroquias con mais número de locais de hostelería.
E a nosa sorpresa presentouse xa o primeiro dia, cando cubrimos os 8 participantes previstos nunha hora.
A
aceptación por parte dos locais foi incrible, pero a sorpresa mais
grande foi cando comezaron a chamarnos ilusionados coas tapas, e cando
nos pasamos a facer as fotos, e as vimos... realmente costaba creelo,
sorprendeunos moi gratamente a ilusión coa que participan.
Cando traballas, ocupas tempo, pos ganas e ilusión en un proxecto e ves que responden así... e moi gratificante.
Que acollida e difusión do evento estades tendo a nivel de medios informativos?
Pois a verdade e que case case a totalidade da difusión vai através de internet.
Contamos cunha páxina en facebook e un twitter da
asociación "AC Fervenza da Barosa" na cal colgamos fotos das tapas e
información, e onde esperamos que a xente que vai a ruta nos colgue
algunha foto de recordo!!
Na páxina oficial do evento, "Barro de Tapas, 1ª edición" (https://www.facebook.com/ BarrodeTapas )
onde se pode consultar absolutamente todo, como funciona o selado das
tarxetas pra entrar no sorteo , as fotos das tapas e os horarios que hai
en cada local, as adegas participantes na ruta, tamen hai un mapa, onde
estan sitiados os locais, pra que a xente non se nos perda por Barro...
(jajajaj)
Pra
os que son mais de twiter tamen o creamose ( @Barrode Tapas ), e para que poidan seguir
Barro de Tapas, dende calquera teléfono dispoñemos en cada cartel dun
codigo QR no cal dende un smartphone podemos escanealo e nos aparece a
información do evento.
Tamén as entidades colaboradoras nos axudan moito a difusión.
A
súa vez, enviamoslle información a un par de xornais de Barro en liña
como vos,Voz de Barro ou Novas que nos axudades coa difusión xunto
coas radios e periódicos provinciais.
Xa saíu publicado en varios periódicos coma a Voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Diario de Arousa.
Na
radio, nos chamaron da radio Galega pra facernos unha entrevista pra o
programa Coñecer Galicia de Isabel Freire, a cal foi o vicepresidente da
Asociación Faustino Batallán Cons, e que emitiran hoxe entre as 12 e as
1 do mediodía.
Que vos aportaron as entidades colaboradoras?
Barro de Tapas conta coa colaboración da D.O. Rias Baixas, do Patronato de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra que nos axudaron moito na difusión do evento, e
o Concello de Barro, todos eles apostaron por nos e nos apoiaron pra
organización deste evento gastronómico, social, e cultural, que é
pioneiro no Concello de Barro, e que é unha das distintas actividades
que a AC "Amigos da Fervenza da Barosa" vai levar adiante.
Quero
aproveitar esta entrevista pra agradecerlles a todos; colaboradores,
locais participantes, patrocinadores (Adega Casaley, Adega Moraima, e
Adega Pazo da Bouciña) e a Quinta de San Amaro o apoio que estamos
recibindo, sin todos vos este evento non sería posible.
Agradecer tamén aos meus compañeir@s da Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" por
facer posible que unha idea se convirta nun feito e especialmente a
Faustino Batallán, co cal estiven codo con codo, dia a dia, pra intentar
que todo saira perfecto , sufrimos moito e dormimos pouco, pero paga a
pena.
E gracias tamén a vos, pola difusión do evento e pola entrevista.
Moitas gracias.
Un saúdo!! E a disfrutar das tapas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario