Unha vintena de locais de hostelería participan no Barro de Tapas, 1ª edición, organizado pola AC Fervenza da Barosa - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 13 de diciembre de 2012

Unha vintena de locais de hostelería participan no Barro de Tapas, 1ª edición, organizado pola AC Fervenza da Barosa

Durante esta próxima fin de semana, a inmensa maioría de locais de hostelería de Barro, bares, taperías, restaurantes, etc, participarán nesta ruta de tapas e ofrecerán aos seus clientes viño albariño e una tapa elaborada polo precio de 2,5 €. Os viños ofertados serán D.O. Rias Baixas, de adegas de Barro, como é o caso de Moraima ou Casaley, ou a adega que acadou o 1º Premio, na Festa do Viño de Barro 2011, Adega Pazo da Bouciña.

As persoas que participen na iniciativa poderán dispoñer de toda a información na páxina de facebook do evento, Barro de Tapas, http://www.facebook.com/BarrodeTapas e tamén no twitter http://twitter.com/BarrodeTapas  @BarrodeTapas.

Para facer máis fácil o acceso aos locais adheridos, as fotos dos pinchos, enderezos, horarios, etc, os carteis anunciadores, estará insertado un código QR, que permitirá que as persoas participantes accedan dende os seus móviles a toda a información. O mapa que contén toda a información está no seguinte link:

http://goo.gl/maps/U6vCQ

Dentro desta iniciativa, farase un sorteo dunha estancia con cea romántica no Hotel Quinta de San Amaro de Meaño a aquelas persoas que completen dentro da ruta proposta, o sellado de 8 locais, co que se busca incentivar a presencia de visitantes en tódalas parroquias do concello. Na papeleta de participación, as parroquias que máis locais teñen, Portela e Curro, os participantes terán que ter dous sellos de cada unha delas de calquera dos locais da respectiva parroquia. No caso de Agudelo, Valiñas, Barro e Perdecanai, só terán que sellar en un solo local dos participantes.

Barro de Tapas conta coa colaboración da D.O. Rias Baixas, do Patronato de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro, apostando así por un evento gastronómico, social, e cultural, que é pioneiro no Concello de Barro, sendo a primeira ruta de tapas que se celebra en Barro, é unha das distintas actividades que a AC "Amigos da Fervenza da Barosa" vai levar adiante, cumplindo así coas directrices fundacionais da Asociación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario