O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONVIDA AOS GALEGOS E GALEGAS A SER SOLIDARIOS DOANDO SANGUE NO NADAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 18 de diciembre de 2012

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONVIDA AOS GALEGOS E GALEGAS A SER SOLIDARIOS DOANDO SANGUE NO NADAL



·         


O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) continúa desenvolvendo a campaña de doazón “Nadal 2012”, convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador.

O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Dificultades engadidas
Neste mes de decembro, a acumulación de xornadas festivas provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.

Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor dun cento de concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:

DATA
CONCELLOS
Luns 17 de decembro
Cambre, Cariño, Melide, Ordes, Becerreá, Avenida Buenos Aires (Ourense), Meis, Pontecesures e Salceda de Caselas.
Martes 18 de decembro
Repsol (A Coruña),  Carral, Forte e Camporrapado (Boqueixón) , Brión, Monfero, Padrón, Meirás (Valdoviño), Guitiriz, Pobra de Trives, Sandiás, Sarreaus, O Rosal e Barrio Teis (Vigo)
Mércores 19 de decembro
Atento (A Coruña), Praza Armas (Ferrol), Fisterra, Lestedo (Boqueixón), Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), A Mezquita, A Gudiña, Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Príncipe e Zona Residencial Navia (Vigo).
Xoves 20 de decembro
Milladoiro (Ames), Cantón Pequeno (A Coruña), Area Central (Santiago), Valdoviño, Zas, Sarria, Rúa do Paseo (Ourense), A Cañiza, O Grove, Edif. Administrativos Xunta (Pontevedra) e Zona Balaidos (Vigo).
Venres 21 de decembro
Milladoiro (Ames), Mugardos, Santa Cruz de Oleiros, Rianxo, Zas, Monterroso, Ribadavia, Cambados, O Grove e Tui
Sábado 22 de decembro
Mugardos, Ponteceso, Rianxo, Seixalbo e Tui.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828


No hay comentarios:

Publicar un comentario