O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) continúa desenvolvendo a campaña de doazón “Nadal 2012”, convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador.
O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos
meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á
participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de
compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios
galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a
demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de
tráfico.
Dificultades engadidas
Nos meses de decembro e xaneiro, a acumulación de
festivos provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais,
dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as
inclemencias meteorolóxicas propias da estación do
ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe,
son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de
Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.
Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles
do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor dun cento de
concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o
desenvolvemento do labor asistencial dos centros
sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no
transcurso da presente semana son as seguintes:
DATA
|
CONCELLOS
|
Venres 28 de decembro
|
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Cee, Cerdido, Muros, Noia, Chantada, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Baiona e Redondela.
|
Sábado 29 de decembro
|
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Noia, Antas de Ulla, A Estrada e Redondela
|
Luns 31 de decembro
|
Cantón Pequeno e Barrio
Monte Alto (A Coruña), Area Central-Fontiñas e Praza Roja (Santiago),
Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Príncipe e Zona As Travesas (Vigo).
|
Mércores 2 de xaneiro
|
Cantón Pequeno e Barrio
Peruleiro (A Coruña), A Silva (Cerceda), Praza Armas (Ferrol), Negreira,
Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Lalín, Nigrán e Porriño.
|
Xoves 3 de xaneiro
|
Aranga, Carballo, Negreira, Pontedeume, Aguiño (Ribeira), Ribadeo, A Porqueira, Verín, Lalín, Porriño e Rúa Venezuela (Vigo).
|
Venres 4 de xaneiro
|
Betanzos, Carballo,
Cedeira, Ribeira, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), Viveiro, Castrelo de
Miño, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña.
|
Sábado 5 de xaneiro
|
Betanzos, Cedeira, Ribeira, Viveiro e Cangas do Morrazo.
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18
anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido
enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A
doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas
persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario