A
"AC Amigos da Fervenza da Barosa", como entidade organizadora,
considera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no
"Barro de Tapas, 1ª Edición" lograsen unha venta total de máis de 800
tapas.
A pasada fin de semana 19 locais de hostelería de Barro uníronse á
ruta do "Barro de Tapas, 1ª Edición" que promovía a degustación de tapas
caseiras elaboradas e a degustación de albariños Rías Baixas da D.O.
A pesares do mal tempo,que fixo que o local de Barosa Gastronatural
non puidese participar por unha inundación na fermosa paraxe natural da
Ría de Barosa, o resto de locais completaron con éxito esta primeira
edición logrando unha venta total en conxunto de 800 tapas, o que para
ser a primeira edición supón un éxito importante ademáis dun revulsivo
para a hostelería local, segundo se deseñou dende a organización do
evento.
O impacto económico directo polas tapas foi de 2.000 € aos locais,
se ben hai constancia de que moitas persoas quedaron a cear ou picar
algo polos locales de Barro, polo que os réditos económicos estimados
poderían achegarse aos 3.500 € como cifra global para a hostelería.
Tamén cabe salientar o impacto nas redes sociais, nas que durante
toda a fin de semana, acadáronse cifras dunha media de 112 persoas
consultando de maneira contínua o web de facebook e chegouse de maneira
directa a case que 2400 persoas. Outro dato significativo foi a consulta
da ruta no google maps, que acadou as 1250 visitas ata o pasado
domingo.
Unha vez rematada esta edición, o sentir xeral da hostelería
implicada, que así lle transmitiu á organización, é que a duración do
"Barro de Tapas" ten que ser maior, así como incorporar ademáis do viño
albariño, cervexa ou refrescos, e como non, que se celebre outra
edición, que terá lugar na primavera do 2013.
Dende a AC xa se está a traballar na vindeira edición que será a 2ª,
co ánimo de dar resposta ás inquedanzas transmitidas e tamén en
mellorar o evento incorporando máis premios e facendo rutas máis curtas e
accesibles.
sábado, 22 de diciembre de 2012
New
"Barro de Tapas, 1ª Edición" acada un resultado de 800 tapas vendidas nunha fin de semana.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
gastronomía
Etiquetas:
albariño,
Amigos da Fervenza da Barosa,
asociacións,
barosa,
barro,
Barro de Tapas,
gastronomía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario