Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 5 de septiembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE UN PRAZO DE CINCO DÍAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA VENDIMAR A UVA DO CASTELO DE SOUTOMAIOR



No ano 1982 a Deputación de Pontevedra adquiriu o Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe é patrimonio público. O terreo do Castelo, que comprende 25 hectáreas, foi rehabilitado para converterse nun xardín aberto ó público que, ademais, foi recoñecido, desde abril de 2012, como o primeiro xardín de España e sétimo de Europa de Excelencia Internacional.
A maiores, nos terreos do Castelo de Soutomaior sitúase unha explotación vitivinícola de albariño cunha extensión de catro hectáreas. A explotación, do ano 1984, está distribuída sobre terreos tipo terrazas e tamén sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente.
Este ano, debido ás condicións climatolóxicas, tanto no relativo á temperatura como á pluviometría, a colleita da uva do Castelo de Soutomaior debe adiantarse para evitar efectos nefastos no produto final. Por este motivo e por vez primeira, a Deputación de Pontevedra saca un concurso público para que as empresas interesadas en vendimar a uva do Castelo de Soutomaior poidan presentar a súas propostas. O procedemento do contrato será o de poxa pública para o alleamento do ben partindo dun prezo mínimo de 0,90 €/kg (IVE engadido) que inclúe a vendima, recollida da mesma na leira do Castelo e o seu traslado á adega por parte do adxudicatario.   
As empresas interesadas en participar teñen un prazo de 5 días naturais, contados a partir de hoxe sábado unha vez publicado onte o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/09/04/2015034353), para a presentación das proposicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario