Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 16 de septiembre de 2015

A Presidenta da Deputación visitará ata finais de novembro os 62 concellos da provincia


Tras os encontros cos alcaldes de Pontevedra e Vilagarcía, Carmela Silva  inicia este mércores, en Cangas e Silleda, as visitas institucionais ao resto dos municipios da provincia. A Presidenta da Deputación recorrerá nos próximos dous meses e medio os 62 concellos pontevedreses onde manterá reunións cos alcaldes e alcaldesas para coñecer de primeira man as necesidades e inquietudes de cada localidade e para explicarlles persoalmente o novo modelo de relación cos municipios implantado polo goberno provincial.
Silva cumpre así co seu compromiso, xa expresado no seu discurso de investidura, para que a Deputación convértase nunha institución intermunicipal e non supramunicipal, e que os concellos e os seus representantes sexan os verdadeiros interlocutores da institución provincial.
Este mércores a Presidenta visitará os concellos de Cangas e Silleda, visita que nos días que restan de setembro, tamén se realizará aos municipios de
Pontecaldelas o día 17, Marín e Redondela o 28, Lalín, A Illa e A Guarda o 29 e A Estrada e Ponteareas o día 30

No hay comentarios:

Publicar un comentario